Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.518 novas da área temática Emprego:

13/01/2026 | 11:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta consolida o novo modelo de formación para persoas desempregadas cunha convocatoria de 40 M€ avanzando na flexibilidade e conexión coas empresas

O DOG publica hoxe a liña de apoios 2026-2027 desta orde reformulada por completo o pasado ano no marco da transformación cara unha oferta formativa máis desestacionalizada e aliñada coas necesidades do tecido produtivo

12/01/2026 | 15:28 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda anuncia que a Xunta crea un marco pioneiro de microcredenciais para que as empresas deseñen e impartan formación curta e certificada á súa medida

O Consello aproba un decreto que habilita por primeira vez en Galicia un espazo oficial para certificar competencias profesionais de forma rápida e flexible

12/01/2026 | 12:17 | C. de Política Social e Igualdade

O Programa Emega da Xunta destina máis de 590.000€ a 55 proxectos liderados por mulleres na provincia de Ourense

O delegado territorial explicou que no caso desta iniciativa empresarial, recibiu da Consellería de Política Social e Igualdade, unha achega de 14.000 euros destinados á creación dun novo posto de traballo por conta propia e outro indefinido por conta allea

10/01/2026 | 15:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a competitividade do sector comercial e artesán a través da nova orde de achegas de preto de 4 M€ que afonda na simplificación administrativa

O conselleiro lembrou que a orde, que abre o próximo venres 16, conta con tres liñas de apoios compatibles entre si destinadas a promover a dixitalización, innovación e sustentabilidade do comercio retallista e dos obradoiros artesanais galegos

09/01/2026 | 10:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abre un novo marco de formación a demanda das empresas que reforza a súa planificación e inclúe unha oferta de cursos máis ampla e modulable

O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a primeira convocatoria de apoios do programa Galicia Suma Talento: Plan de formación empresas para a posta en marcha de formacións adaptadas ás demandas específicas do tecido produtivo

08/01/2026 | 14:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o compromiso da Xunta co emprego feminino a través do programa Emega que beneficiou na comarca de Ordes a 7 emprendedoras por un importe de 76.000 €

A representante do Goberno galego explicou que o programa Emega comprende axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a activación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres

08/01/2026 | 13:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a aposta da Federación Down Galicia pola formación e o acompañamento de cara á inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade

José González gabou o seu afán por facilitar o acceso ao emprego das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, mellorando a súa cualificación e acompañándoas na incorporación e mantemento no mercado laboral

08/01/2026 | 12:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta prevé aprobar no primeiro trimestre deste 2026 o novo decreto que institucionalizará o Diálogo Social en Galicia adaptándoo ás novas realidades laborais

A nova norma busca dotar o Diálogo Social de maior transversalidade, potenciándoo como ferramenta estratéxica para abordar cuestións de calado como a prevención de riscos laborais e do absentismo inxustificado, a igualdade ou o benestar laboral