Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.186 novas da área temática Forestal:

15/09/2025 | 15:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Medio Rural

Belén do Campo pon en valor o obradoiro de conservación e mellora da montes de Vilarmaior, Irixoa, Monfero e Aranga para dar resposta ás necesidades deste sector na comarca

A delegada da Xunta participou na clausura deste taller de formación que contou cun apoio do Goberno galego de máis 423.000 euros e no que participaron 20 alumnas e alumnos

15/09/2025 | 11:24 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio do concello lucense de Barreiros, parroquia de San Xusto de Cabarcos

O lume iniciouse ás 16.14 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 80 hectáreas

14/09/2025 | 20:27 | C. do Medio Rural

Activo un incendio no concello lucense de Barreiros, parroquia de San Xusto de Cabarcos

O lume iniciouse ás 16.14 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

12/09/2025 | 17:24 | C. do Medio Rural

Medio Rural pide consenso parlamentario para sumarse ao rexeitamento de Xunta e sector ante a proposta da nova PAC da Comisión Europea

O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria compareceu na Comisión 7ª para detallar a postura do Goberno galego nesta cuestión e reiterar a súa preocupación polo “desmantelamento” do actual modelo que supón esta proposta

10/09/2025 | 15:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez insta ao Goberno central a seguir o exemplo da Xunta e protexer os ríos da súa competencia do arrastre das cinzas dos lumes

Pon en valor que Augas de Galicia está a despregar desde hai semanas diferentes medidas orientadas a crear barreiras anticontaminación nas contornas fluviais das áreas afectadas e xa ten definidas as próximas zonas de intervención

10/09/2025 | 14:57 | C. do Medio Rural

Medio rural recoñece o traballo dos profesionais do servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais este verán e lembra que conforman un dispositivo de referencia europea

A conselleira puxo en valor o traballo realizado por todas as persoas que colaboraron na extinción destes lumes, así como dos servizos de Emerxencias, para expresarlles un “agradecemento profundo e sincero”

10/09/2025 | 14:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lamenta a falta de implicación do Goberno central na recuperación da superficie afectada polos incendios durante o verán

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, afirmou hoxe no Parlamento que Galicia segue esperando pola maquinaria comprometida

10/09/2025 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira María M. Allegue reúnese en Carballeda de Avia con veciños afectados polos incendios

A titular da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas visitou o núcleo de Vilariño, onde trasladou aos afectados o compromiso da Xunta para axilizar coa maior celeridade as axudas para reconstrución de vivendas danadas polos incendios

09/09/2025 | 20:15 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio do concello ourensán da Mezquita, parroquia da Vilavella

O lume iniciouse ás 18.24 horas de onte e finalmente afectou unha superficie de 23,17 hectáreas, das cales 20,57 se corresponden con monte raso e 2,6 con arborado