Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 362 novas da área temática Urbanismo:

22/09/2023 | 13:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto de 107.000 euros a obra de humanización da praza Eladio Rodríguez, en Leiro

Os traballos consistirán na pavimentación da zona, na renovación de mobiliario e a colocación de xardíns co obxectivo de crear un novo espazo de alameda

21/09/2023 | 13:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa as obras de humanización da praza pública de Meréns, no concello de Cortegada

Gabriel Alén destacou que a Xunta inviste 94.000 euros na mellora da accesibilidade a un espazo que na actualidade se destina a aparcadoiro e a actividades sociais

12/09/2023 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez garante que a Xunta está preparada para asumir a xestión da AP-9 e mellorar así o servizo da autoestrada aos galegos

Vázquez Mourelle subliña que o Goberno galego conta co coñecemento, a experiencia de xestión e a vontade política para incorporar a AP-9 á rede autonómica de estradas e garantir o seu mellor funcionamento

08/09/2023 | 12:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello de Toén analizarán a posibilidade de colaborar nun novo proxecto para completar a humanización do núcleo de Moreiras

Ángeles Vázquez e Ricardo González abordaron a marcha dos traballos que se executan nesta zona no marco dun convenio asinado en 2022 entre ambas administracións

08/09/2023 | 10:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia melloras na casa consistorial de crecente cunha achega de 30.000 euros

O vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo, e o alcalde Julio César García-Luengo asinaron un convenio para a adquisición de mobiliario e a instalación de megafonía no salón de plenos

07/09/2023 | 14:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/09/2023 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto da nova senda na OU-402 en Reza, froito do diálogo cos veciños e cun orzamento de 1,5 M€

O obxectivo é habilitar un itinerario peonil continuo de 2,2 km pola marxe dereita da vía, conectando as edificacións e os treitos illados de beirarrúas, para garantir desprazamentos a pé máis cómodos e seguros