Actualidad
Buscador de noticias
María José Gómez salienta as boas previsións de cara á vendima 2026 nas cinco denominacións de orixe e a aposta pola calidade e prestixio dos viños galegos
A conselleira do Medio Rural visitou as instalacións de Bodegas Ladairo, situadas no concello de Oímbra, a cal está inscrita dentro da DO Monterrei
María José Gómez insiste na importancia de reclamar unha PAC forte e ben dotada para impulsar o desenvolvemento rural
A conselleira do Medio Rural presidiu hoxe unha xuntanza de traballo cos GDR, na que avaliaron a execución destes fondos e puxeron en valor a súa contribución á creación de emprego e á fixación de poboación
Rueda destaca o sector vitivinícola como exemplo representativo da Galicia calidade e peza esencial dun rural vivo e produtivo
Agradeceu o esforzo e talento das empresas que recibiron esta tarde os recoñecementos polos seus viños, augardentes e licores
Medio Rural promociona os produtos agroalimentarios de calidade diferenciada na XXII Feira Outrora de Bóveda
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu á degustación de IXP Ternera Gallega con produtos de amparados por selos de calidade diferenciada
A Xunta destina máis de 40.000 euros á modernización e dixitalización de dúas áreas de servizo en Vilanova de Arousa
O delegado territorial visitou dúas das beneficiadas por esta liña de axudas que adquiriron grupos electróxenos, sistemas informáticos e desfibriladores eléctricos
O delegado da Xunta e a alcaldesa de Barreiros abordan actuacións de interese para o concello
Villares destacou diferentes iniciativas en marcha financiadas polo Goberno galego, como as obras de rehabilitación integral do CEIP San Miguel de Reinante; o obradoiro de emprego ‘Constrúe en Verde II’ e a mellora de servizos básicos municipais
Belén do Campo destaca o papel das axudas da Xunta para impulsar a innovación e a competitividade das industrias agroalimentarias
A delegada da Xunta visitou a empresa Lácteo Ferrado Verde beneficiaria na última convocatoria Consellería do Medio Rural destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios.
Medio Rural destaca que a Ribeira Sacra é hoxe un referente internacional da viticultura heroica
A conselleira María José Gómez participou na entrega de premios da XXX Cata dos viños da Ribeira Sacra
Medio Rural salienta o éxito da terceira poxa de gando de Rubia Galega criado no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e adxudicado a 19 explotacións
En concreto, alleouse a totalidade do lote de 44 animais desta raza autóctona destinados á reprodución e á mellora da rendibilidade das explotacións gandeiras, por un importe total de máis de 146.000 euros