Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita por preto de 130.000 euros as obras de humanización de espazos públicos nos núcleos rurais de Loureiros e Xora, no concello de Coirós
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación ao abeiro do Plan Hurbe, establecendo un prazo de presentación de ofertas que rematará o 18 de agosto
A Xunta adxudica as obras dunha senda peonil de 1,5 km en Nantón, no concello de Cabana de Bergantiños
A nova senda permitirá os desprazamentos seguros e cómodos da veciñanza cara a servizos como o centro de saúde, a farmacia ou o campo de fútbol
A Xunta adxudica as obras mellora do estacionamento público na contorna da Ponte da Barca, en Poio
A intervención enmárcase no Plan Hurbe e suporá a mellora do firme e as beirarrúas existentes, así como a eliminación de barreiras arquitectónicas para acadar unha contorna máis segura, accesible e homoxénea
A Xunta somete a consulta pública o borrador do novo Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2026-2030
Este procedemento ten como obxectivo recibir suxestións da cidadanía ata o 1 de agosto
O delegado territorial destaca a mellora da pista de Xarrapio para reforzar a seguridade e a mobilidade en Poio
A actuación contou cun investimento de máis de 47.000 euros
A Xunta recibe 6 ofertas para construír unha senda peonil e ciclista na PO-841 ao seu paso polo Concello da Estrada, cun investimento de 1,1 M€
O obxectivo do novo itinerario é facilitar os desprazamentos seguros de peóns e ciclistas neste treito entre o núcleo da Estrada e o polígono industrial de Toedo
A Xunta publica no DOG a aprobación da delimitación do ámbito das Saíñas, en Cangas, para desenvolver solo residencial para construír ao redor de 300 vivendas
As vivendas previstas neste PIA serán todas protexidas
A Xunta remata as obras de humanización e mellora da accesibilidade no núcleo de Moreiras, en Toén, que acadan un investimento total de máis de 400.000€
As intervencións incluíron unha área de xogos para nenos, zona de pérgolas con mobiliario, a instalación de elementos biosaudables, unha pista multideportiva e un auditorio con bancos prefabricados e escenario
A Xunta Consultiva de Ordenación do Territorio e Urbanismo consolídase como ferramenta clave de apoio técnico e seguridade xurídica na aplicación da normativa con 248 informes emitidos
A directora xeral de Urbanismo informou no Parlamento do balance deste órgano, que celebrou 30 sesións e deu resposta principalmente ás consultas formuladas polos concellos galegos