Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.522 novas da área temática Educación:

25/01/2026 | 14:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá a alerta vermella por chuvia no interior de Pontevedra e laranxa en zonas da provincia de Ourense

Suspéndense as clases e o transporte escolar toda a xornada de mañá nos centros educativos e escolas infantís do interior de Pontevedra

25/01/2026 | 10:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 147 asociacións de nais e pais benefícianse das axudas para comedores escolares da Xunta, que vén de reforzar a contía ata acadar os 1.750.000 €

O Goberno galego incrementou nun 10% a partida inicialmente prevista deste ano para contribuír a que estas entidades poidan facer fronte ao aumento de usuarios

24/01/2026 | 11:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a mellora da eficiencia enerxética e o confort do CEIP Os Tilos de Teo, grazas á nova cuberta

A Xunta investiu preto de 400.000 € nesta obra, que se suman aos máis de 900.000 € para a rehabilitación integral do Colexio CEIP Plurilingüe A Igrexa-Calo, xa en marcha

24/01/2026 | 09:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca por 29 M€ axudas para apoiar a grupos de investigación e eleva o investimento en marcha a 119 M€

Trátase dun programa clave no financiamento da I+G+i, que beneficia a 448 equipos que traballan en Galicia, chegando a unha cifra récord este ano

23/01/2026 | 18:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca o compromiso coa mellora das infraestruturas educativas de Ames, onde está acometendo obras por máis de 15 M€

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, supervisa o remate da nova cuberta do Colexio de Barouta, logo de investir preto de 237.000 €

23/01/2026 | 18:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima ao sector da biotecnoloxía a participar na enquisa para a elaboración da nova Estratexia de excelencia 2030

O conselleiro de Ciencia e o presidente de BIOGA asinan un convenio para a súa achega na elaboración da Estratexia

23/01/2026 | 14:56 | C. do Mar

A Aixola arranca a programación formativa do 2026, consolidándose como centro especializado en oficios do sector marítimo

Impartirá 12 ensinanzas técnicas cun total de 168 prazas e 3.293 horas de formación

23/01/2026 | 11:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Universidade de Santiago impulsan un proxecto para mellorar a atención a alumnos con enfermidades crónicas mediante avatares robóticos

Trátase dunha proposta pedagóxica innovadora que permite aos nenos hospitalizados seguir conectados coa súa clase a través de robots de tele-presenza

22/01/2026 | 13:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia que a Xunta desenvolverá un sistema para testar as tecnoloxías emerxentes antes de ser empregadas polos centros educativos

O conselleiro de Educación participa en Londres na feira de innovación educativa líder en Europa, onde se dan a coñecer as novidades mundiais neste eido

21/01/2026 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aposta por unha formación artística de calidade, innovadora e conectada coa profesión

A directora xeral de FP participa na apertura das IX Xornadas Bisiona na Escola de Pablo Picasso da Coruña, aliñadas cos obxectivos do Plan EDUC-ART