Actualidade
Buscador de novas
A Xunta traslada ao sector produtivo e científico as novas oportunidades que abre o proxecto da Lei do clima para avanzar na descarbonización
Paula Uría convida aos colexios oficiais e clústeres dos principais colectivos profesionais implicados neste eido a participar na manifestación de interese aberta para recompilar ideas de cara á posta en marcha do primeiro mercado voluntario de créditos de carbono
A Xunta salienta que o Plan reitor das Fragas do Eume garante a protección do espazo e avanza que negocia a compra de 60 ha máis para aumentar a superficie pública
Ángeles Vázquez cifra en máis de 1,5 M€ o investimento realizado no parque natural desde 2023 e destaca os bos resultados do programa para mercar terreos privados a propietarios interesados, con preto de 100 fincas adquiridas ata o momento
A Xunta reclama ao Goberno central unha sectorial específica e máis coordinación nas medidas sobre a Peste Porcina Africana
O Goberno galego pide a participación dos ministerios de Agricultura e de Transición Ecolóxica nesa reunión coas comunidades autónomas, para coordinar a nivel nacional as actuacións en relación coa loita contra esta doenza
A Xunta convoca por 1,33 M€ axudas dirixidas a entidades locais e protectoras para garantir o coidado dos animais domésticos abandonados
Os interesados poderán solicitar ata o 11 de setembro de 2026 estes incentivos, concibidos para financiar parte dos gastos necesarios para garantir o coidado, a manutención e o benestar dos exemplares que os solicitantes teñan ao seu cargo
A Xunta pon como exemplo en Córdoba a xestión sostible dos parques naturais galegos para conservar a biodiversidade
Marisol Díaz indica que preservar os ecosistemas e as especies autóctonas evita a súa extinción, mantén o equilibrio ecolóxico e mellora a resiliencia ante riscos como fenómenos climáticos extremos, pragas ou incendios
A Xunta convoca axudas para paliar os danos causados polos xabarís e os osos por un importe de 1,54 M€
As explotacións agrarias profesionais ou destinadas a autoconsumo que sufran perdas por ataques do xabaril poderán optar a un máximo de 2.750 €
A Xunta financia a adquisición dun vehículo cero emisións/eco para o servizo de medio ambiente do concello de Xunqueira de Espadanedo
Manuel Pardo explicou que a adquisición foi cofinanciada pola Xunta a través dun convenio de colaboración da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, cunha achega de preto de 40.000 euros
A Xunta destina case 2,4 M€ a implantar unha nova rede de calidade das augas na demarcación Galicia-Costa
Ángeles Vázquez explica que os traballos, cun prazo de execución de oito meses, permitirán que o próximo verán esta conca hidrográfica poida dispoñer dun sistema con capacidade para medir en tempo real varios parámetros e xerar alertas
A Xunta inicia mañá os traballos para reabrir a lagoa de Baldaio co fin de restaurar o fluxo de auga entre o humidal e o mar e garantir o equilibrio do ecosistema
As actuacións, que se adaptarán ao réxime de mareas e dependerán en boa medida das condicións meteorolóxicas e marítimas da zona, buscan retirar o tapón de area co obxectivo de que este espazo recupere o nivel natural de auga que ten habitualmente