Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.426 novas da área temática Medio ambiente:

17/02/2026 | 10:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Castro de Rei analizan o proxecto para mellorar a calidade da auga do servizo de abastecemento

Esta actuación, que suporá un investimento de un millón de euros, é necesaria para solucionar os problemas que provocan que unha parte da veciñanza, locais de hostalaría e empresas non poidan facer uso da auga da traída municipal

16/02/2026 | 19:19 | C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia insta ao Goberno central a ampliar o prazo da consulta pública previa de reforma do Regulamento Xeral de Costas e a detallar claramente o seu fin

Ángeles Vázquez advirte de que se repite a mesma situación ca en 2018 e en 2024, cando o Executivo central intentou modificar a normativa para restrinxir os usos no litoral e tivo que ser freado polo Tribunal Supremo e polas comunidades autónomas

16/02/2026 | 16:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta promove unha campaña de concienciación contra o desperdicio alimentario no Entroido

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou nesta iniciativa promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e que consistiu na distribución de culleres de madeira cun QR con receitas de aproveitamento das sobras do Entroido

16/02/2026 | 14:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Ribeira avalían as actuacións a realizar para a mellora do funcionamento da EDAR

Tamén abordaron o proxecto municipal para ampliar a rede de abastecemento no lugar de Cudieiros, en Palmeira

16/02/2026 | 14:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Javier Arias avoga por un consumo sostible e responsable para reducir o desperdicio alimentario no Entroido

O delegado territorial visitou o mercado de Quiroga Ballesteros, en Lugo, para participar na campaña `Nestas datas, que non sobren as sobras!´, impulsada pola Xunta para fomentar o aproveitamento dos alimentos

14/02/2026 | 12:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta instala máis de 250 paneis divulgativos en preto dunha vintena de concellos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación

Ángeles Vázquez salienta que está previsto colocar un total de arredor de 600 indicadores e chegar a 41 municipios, co que se dotará destes elementos a todas as áreas con maior risco de que se produzan asolagamentos así como máis perigosas

13/02/2026 | 18:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima a concellos, entidades e particulares a solicitar as axudas para a preservación e mellora do patrimonio natural e cultural nos espazos protexidos

Ángeles Vázquez explica que o fin último destes apoios é preservar a biodiversidade, potenciar os servizos ecosistémicos e conservar os hábitats, paisaxes e elementos patrimoniais tradicionais existentes na contorna

13/02/2026 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén aberta a convocatoria de axudas aos concellos con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, supervisou esta mañá a instalación dun punto de recarga público de vehículos eléctricos e a instalación de paneis solares, levada a cabo neste concello con cargo a esta orde de axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes na convocatoria anterior

13/02/2026 | 14:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa nos mercados municipais a campaña ‘Nestas datas, que non sobren as sobras!’ para reducir o desperdicio alimentario no entroido

O delegado territorial e a directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade visitaron esta mañá a Praza de Abastos de Pontevedra para participar na iniciativa

13/02/2026 | 13:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que a boa coordinación dos equipos de predición e xestión de emerxencias de Galicia reduciu o impacto dos temporais rexistrados no que vai de ano

O Executivo galego pon en valor a colaboración entre MeteoGalicia, Augas de Galicia e a Axencia Galega de Emerxencias, que foi fundamental para predicir con antelación a chegada de choivas intensas, o comportamento dos ríos e o risco de inundacións