Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 653 novas da área temática Transporte:

23/10/2024 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina case 103 M€ ao Plan de Transporte Público de Galicia en 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, compareceu no Parlamento, onde abordou os avances na mobilidade interurbana enmarcados neste instrumento

16/10/2024 | 10:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede máis de 300 novas axudas para a modernización e a transformación das frotas de transporte cun investimento de case 4,4M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das subvencións outorgadas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro deste ano no marco de ambas as convocatorias

15/10/2024 | 15:43 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda reivindica unhas mellores conexións ferroviarias entre Galicia e Portugal e un impulso real á liña de alta velocidade entre ambos territorios

Pide un esforzo especial ao Goberno español, xa que non se están producindo avances en obras ou investimentos nestas infraestruturas

11/10/2024 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende os intereses da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal na reunión da comisión luso-española para a cooperación transfronteiriza

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, defendeu as prioridades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en Sevilla

11/10/2024 | 13:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola modernización das infraestruturas ferroviarias en Ferrol con melloras na liña coa Coruña e co desbloqueo do proxecto da estación intermodal

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe nas ‘Conversas no Parador’, organizadas polo Club de Prensa de Ferrol, onde explicou que a Xunta está a avaliar as medidas e investimentos precisos para atender as demandas en materia de mobilidade da cidadanía ferrolá 

10/10/2024 | 15:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta está a mellorar a seguridade e a accesibilidade de 51 paradas de autobús ubicadas en 15 estradas autonómicas de 10 concellos de Lugo

Menéndez concretou que se está a intervir en 30 paradas en Lugo, 5 en Xove, 4 en Castro de Rei, 2 en Riotorto, Outeiro de Rei, O Vicedo, Cospeito e Begonte, e 1 en Abadín e Meira

09/10/2024 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo destaca que Galicia conta coa estratexia galega de mobilidade para garantir desprazamentos sustentables co apoio da innovación tecnolóxica

A delegada da Xunta participou na inauguración da xornada O Futuro da Electrificación no Transporte Urbano, organizada pola Cámara de Comercio da Coruña e Iberdrola

02/10/2024 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a seguridade e accesibilidade de máis dun milleiro de paradas de autobús cun investimento de 35,5 M€

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou un destes puntos no concello de Arteixo

01/10/2024 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta analiza cos axentes sociais o “Plan de Seguridade Viaria de Galicia. Visión Cero” 2022-2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, clausurou a xornada cos axentes sociais celebrada hoxe en San Caetano para analizar a marcha do plan, que persigue como horizonte a eliminación de falecidos e feridos graves provocados polos accidentes de tráfico para o ano 2050