Actualidade
Buscador de novas
As descargas dos máis de 16.000 bonos turísticos da Xunta esgótanse en menos de quince días
A un moi bo ritmo e cun cento de bonos descargados por minuto nos primeiros días, os galegos descargaron xa os 16.666 bonos turísticos postos en circulación este ano
A Xunta impulsa a comercialización da marca Artesanía de Galicia a través dunha tenda efémera en Sanxenxo que estará aberta nos meses de xullo e agosto
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a tenda pop up froito da colaboración de Artesanía de Galicia coa marca galega de moda D-due
Martina Aneiros anima a establecementos e axencias de viaxe da zona a adherirse a campaña dos bonos turísticos da Xunta para o próximo outono
Destaca o éxito da campaña coa que o Goberno galego pretende promover as viaxes na comunidade autónoma e apoiar así ao sector fóra da temporada alta
Preto de medio centenar de rapaces participan en Valdoviño nas actividades lúdicas do programa da Xunta ‘Veráns Lecer Consumo’
A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Valdoviño, Alberto González, visitou esta mañá aos participantes nunha das actividades que se levaron a cabo no local da AVV de Pantín coa fin de concienciar aos máis pequenos sobre o consumo responsable
A Xunta reforza a colaboración con entidades sociais de Galicia para garantir a protección das persoas consumidoras máis vulnerables
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asinou hoxe en Santiago de Compostela convenios de colaboración con nove asociacións para o desenvolvemento de actividades de carácter formativo e informativo
A Xunta destaca a industria láctea como garantía de futuro para o rural
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a directora-xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, asistiron ao acto de presentación de novos sabores de Bico de Xeado
A Xunta pon en valor o bo facer dos viticultores e adegueiros da denominación de orixe Ribeiro á hora de producir viños de calidade
A conselleira do Medio Rural participou hoxe na entrega dos XIII Premios DO Ribeiro na que se recoñece aos mellores viños desta denominación de orixe
Medio Rural reforza a colaboración coa Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia a prol desta produción, na que a nosa comunidade é lider nacional
A conselleira María José Gómez reuniuse en Lugo co presidente da IXP para escoitar as súas demandas, e puxo en valor as axudas para o fomento do castiñeiro, que este ano teñen un orzamento de máis de 1,3 millóns de euros