Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.037 novas da área temática Formación:

17/08/2025 | 10:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa dúas novas accións formativas en prevención de riscos laborais en modalidade de teleformación a través da EGAP

Estes programas de formación afondan na aposta da Xunta, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), por unha formación de calidade en prevención de riscos laborais, dirixida tanto ao tecido produtivo como á mocidade

14/08/2025 | 10:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsou máis de 160 accións de formación e para promover alianzas en prol da actividade emprendedora no primeiro semestre deste ano

Con estas actuacións, realizadas a través da Rede de polos de emprendemento, o Goberno galego busca promover fórmulas de emprendemento social e autónomo que contribúan a xerar emprego de calidade e a fixar emprego no rural

11/08/2025 | 09:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza con nova formación o labor do campus de igualdade laboral do que forman parte máis de 8.000 persoas usuarias

Entre setembro e decembro deste ano prevense levar a cabo sete novos talleres formativos con temáticas de actualidade como a intelixencia artificial e o seu impacto na equidade de xénero así como dez cursos en materia de equidade no traballo

09/08/2025 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre este luns a inscrición na nova convocatoria dos cursos gratuítos de condución segura de motos, que se celebrarán en setembro e outubro

Nesta convocatoria celebraranse 8 cursos, que se impartirán o 13 de setembro en Monforte de Lemos, o 20 de setembro no Porriño, o 27 de setembro en Culleredo e o 4 de outubro en Narón

06/08/2025 | 21:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta cede ao Concello de Moraña unha escultura de Santa Lucía realizada polo CIFP Cantería de Galicia

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participa na inauguración da peza

04/08/2025 | 16:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta habilita unha liña de axudas dun millón de euros para facilitar a incorporación ao mercado laboral de novos profesionais do transporte

O presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, informou hoxe desta innovadora medida, dotada cun millón de euros, para “acceder a estas profesións para as que fan falta unas actitudes e unha titulación”

30/07/2025 | 14:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
30/07/2025 | 13:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa un total de 60 obras por máis de 5 M€ en centros educativos da provincia de Ourense

Avánzase na execución de oito grandes intervencións que inclúen ampliacións e reformas estruturais en colexios e institutos

26/07/2025 | 09:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia blinda o reforzo das axudas ao profesorado para gastos de formación

Poden presentarse solicitudes ata o 30 de setembro con contías que van dos 200 aos 750 euros en función do lugar da actividade: Galicia, España ou o estranxeiro

24/07/2025 | 15:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica un total de 10.320 prazas de profesores, 868 máis que o curso pasado, a través dos concursos de destinos provisionais e de traslados

Os aspirantes que superaron as oposicións celebradas este verán convértense en funcionarios en prácticas cun 86% das prazas convocadas cubertas