Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adapta o mapa escolar á evolución demográfica para o vindeiro curso 2025-26
Debido á falta de alumnos, deixarán de funcionar sete unitarias mentres que outras tres permanecerán abertas malia ter unicamente cinco matriculados
A Xunta impulsa a acreditación de competencias profesionais de máis dun cento de traballadores do sector do naval a través da súa experiencia
Román Rodríguez lembra que esta acción, enmarcada no Plan FPGal360, ten un “triplo beneficio” para os traballadores, para as empresas e para a sociedade no seu conxunto
O obradoiro de emprego de Sarria, que financia a Xunta con 412.000 euros, rehabilitou dous pendellos no campo da feira
O delegado territorial, Javier Arias, explica que os participantes no taller melloran varios espazos do concello
A Xunta imparte a través dos centros Quérote+ un total de 513 obradoiros sobre educación afectiva, bo trato e igualdade que chegan a máis de 11.400 persoas
O maior número de accións formativas corresponde ás destinadas aos centros escolares, con 450 obradoiros sobre sexualidade, igualdade e benestar emocional nos que participaron máis de 10.000 mozos e mozas
A Xunta abre o prazo de solicitudes da nova convocatoria do Bono Talento Empresa dotada con 2 M€ para impulsar microformacións non regradas
Trátase da terceira edición destas axudas que promoven accións formativas non formais e de curta duración á carta das necesidades das empresas e dirixidas especificamente aos seus cadros de persoal, prevendo beneficiar a 1.500 persoas
Lara Meneses destaca “a implicación de empresas de sectores punteiros” co Xuventude Mentoring
A directora xeral de Xuventude acompañou un grupo de 30 mozos e mozas participantes neste programa a unha visita ao centro de Mestrelab en Santiago
A Xunta promove o talento directivo a través dun proxecto pioneiro de Interim Management orientado ás pemes galegas
A directora do Igape, Covadonga Toca, participou no encontro empresarial Talento que transforma: Interim Management para os retos reais das pemes galegas, no que presentou esta iniciativa destinada a incorporar directivos expertos de forma temporal
O campamento ‘Destino Ancares’ congrega a 27 nenos e nenas no centro de formación e experimentación agroforestal de Becerreá
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitaron aos rapaces que desfrutan estes días de actividades ambientais, xogos, aventuras e excursións pola zona
A Xunta abre o prazo de solicitudes da nova orde pioneira de formación para persoas desempregadas co foco na flexibilidade e a conexión co mercado laboral
A nova convocatoria de Accións Formativas para Desempregados (AFD) está dotada con 50M€ e foi reformulada por completo no marco da transformación cara a un modelo máis eficaz e aliñado coas necesidades reais do tecido produtivo
A Xunta e o concello de Ames impulsan a colaboración para mellorar a empregabilidade do municipio e reforzar a formación en sectores estratéxicos
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración e o alcalde do municipio coruñés mantiveron unha reunión na que se puxo en valor o traballo da Unidade de Acción Formativa que o Executivo autonómico ten en Bertamiráns