Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 940 novas da área temática Industria:

21/07/2025 | 16:10 | C. de Economía e Industria

Belén do Campo destaca o apoio da Xunta para mellorar a competitividade dos parques empresariais

A delegada da Xunta informou aos representantes dos empresarios do polígono de Sigüeiro da nova orde de axudas, solicitada por esta entidade, para promover a seguridade industrial 

19/07/2025 | 10:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta reúnese co concello de Pontevedra para acelerar a tramitación da ampliación do parque empresarial do Campiño

A Administración autonómica remitirá nas vindeiras semanas para tramitación ambiental o borrador do Peose que recolle un incremento da superficie do parque en máis de 160.000 m² máis, case a metade da estensión actual (412.331 m²)

18/07/2025 | 15:52 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que o Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico de Applus en Galicia contribuirá a fortalecer a cadea de valor da automoción

O proxecto supón 6,8 M€ de investimento, a creación dunha vintena de postos de traballo e entrará en funcionamento, previsiblemente, no último trimestre de 2026

18/07/2025 | 13:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o éxito da aceleradora BF ClimaTech como modelo de innovación verde e colaboración público-privada

A directora do Igape destaca o papel do emprendemento como motor dunha Galicia máis innovadora e competitiva

18/07/2025 | 13:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca as vantaxes da dixitalización para a mellora das operacións loxísticas na cadea monte-industria

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visitou hoxe en Begonte (Lugo) os traballos que está a realizar a pé de monte Forestal Rúa, unha empresa rematante beneficiaria do programa de axudas da Xunta para dixitalización

17/07/2025 | 15:30 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o liderado da economía galega grazas á estabilidade política, fiscal e orzamentaria de Galicia

Subliña que o Anuario de Economía 2025 realizado polo Foro Económico de Galicia xa é unha referencia para entender cara onde camiña a economía da rexión

17/07/2025 | 14:56 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta a contribución do porto de Vigo ás capacidades loxísticas e exportadoras de Galicia

Destaca que as conexións marítimas internacionais coas que conta son unha grande oportunidade para as empresas galegas, que poden situar as súas mercadorías en practicamente calquera lugar do mundo desde Vigo, posicionándose globalmente e a prezos altamente competitivos

16/07/2025 | 12:36 | C. de Economía e Industria

A entidade de conservación do parque empresarial de Morás adxudica o mantemento do alumeado público e das zonas verdes por máis de 116.000 euros

Os servizos inclúen, entre outras actuacións, revisións preventivas semanais, corrección de incidentes e reparación de avarías no polígono industrial

15/07/2025 | 15:02 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que Galicia ten adxudicado xa o 94% do importe dos Fondos MRR publicado en convocatorias e licitacións e o 85 % do ingresado

Salienta que “máis de 46.500 persoas, máis de 8.500 autónomos e 6.000 entidades” e sociedades estanse a beneficiar destes fondos