Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural destaca o bo facer dos produtores da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa
A conselleira María José Gómez lembrou que o Goberno autonómico impulsará a promoción e comercialización dos produtos agroalimentarios galegos no marco do paquete de medidas elaborado para defender o sector primario ante as implicacións do tratado UE-Mercosur
A Xunta destaca o apoio ao labor integral do colectivo de autónomos cun investimento de 42 M€ dentro do seu papel como administración facilitadora
O negocio O Pan do Barrio é un dos beneficiarios o ano pasado dunha axuda do programa de promoción do emprego autónomo para impulsar o inicio e mantemento da súa actividade de venda de pan e produtos de panadería
Belén do Campo anima a concellos e praceiros a solicitar as axudas de 2,3 M€ para modernizar, potenciar e dinamizar os seus mercados de abastos
A delegada da Xunta informou no mercado de Elviña que a convocatoria deste ano permanecerá aberta ata o 2 de marzo distribuídos nas anualidades 2026 e 2027
A Xunta pon en valor a nova etapa do Polo de Ferrol e a súa alianza estratéxica coa Cámara de Comercio da Coruña a prol do reforzo do emprendemento local
José González destacou o papel deste novo espazo na rúa María como motor de dinamización da Ferrolterra, combinando unha oferta de recursos de primeiro nivel para fomentar a actividade emprendedora e consolidar o tecido produtivo
O padroado do Ifevi aproba por unanimidade o prego técnico de contratación da asistencia técnica que elaborará os plans funcional e estratéxico do recinto
Proximamente lanzarase a licitación co fin de deseñar no menor prazo posible e con todas as garantías ambas ferramentas clave para orientar o desenvolvemento futuro do complexo con criterios de planificación, eficiencia e visión a longo prazo
A Xunta amosa en centros de ensino de Cenlle e de Coles o oficio tradicional da elaboración de pandeiretas
O artesán Xosé Manuel Sanín achegouse ao CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle e ao CEIP Plurilingüe Antonio Faílde, de Coles, participantes do proxecto ‘Artesanía na escola’ promovido pola Xunta en centros de ensino de toda Galicia
A Xunta impulsa a 5ª edición do mercado de segunda man O Tinglado os días 21 e 22 de febreiro en Pontevedra
O delegado territorial e a directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade ofreceron unha rolda de prensa para explicar os detalles sobre esta iniciativa
A Xunta amósalle aos escolares de Bóveda e Sarria o oficio tradicional da elaboración de pandeiretas
O artesán Xosé Manuel Sanín achegouse ata o CEIP Rosalía de Castro de Bóveda e ata o CEIP Plurilingüe Antonio Fernández López, de Sarria, participantes do proxecto ‘Artesanía na Escola’ promovido pola Xunta en centros de ensino de toda Galicia