Actualidade
Buscador de novas
O xogador do Breogán Francis Alonso pecha na sede da Xunta o ciclo ‘Luz ao deporte’, que promove a Fundación Breogán
Cinco destacados deportistas compartiron as súas experiencias con escolares lucenses nesta cuarta edición do foro, orientado a educar á mocidade nos valores do deporte
A Xunta publica o contrato de servizos de redacción do proxecto de interese autonómico do futuro CAR de Galicia
O contrato ten un valor de máis de 152.000 euros e un prazo inicial de duración de 16 meses
A Xunta colabora co Concello de Porto do Son na primeira fase da mellora do complexo deportivo da Tarela
O Goberno galego financia cun préstamo de mais de 390.000 euros a creación e ordenación dun aparcadoiro que dea servizo aos usuarios das piscina e ximnasio, mellorando a chegada en vehículo e a mobilidade no contorno do complexo deportivo
Belén do Campo destaca o apoio da Xunta a 16 clubs da comarca do Barbanza con máis de 82.000€ para a adquisición de equipamentos deportivos
A representante do Goberno autonómico subliñou que estas axudas reflicten a firme aposta da Xunta polo deporte como motor social, educativo e económico, e recoñeceu o labor dos clubs da comarca, que continúan demostrando un compromiso exemplar coa promoción da actividade física
López Campos sinala que o encontro ‘A mente en forma’ sitúa a Galicia “como referente no benestar, a saúde mental e o deporte”
O obxectivo da iniciativa é fortalecer a colaboración entre os diferentes axentes do ecosistema deportivo galego e inspirar á mocidade a través de exemplos reais
A Xunta financia con preto de 50.000 € a cuberta da nova pista deportiva de pádel do concello de Bande
Manuel Pardo explicou que a cuberta desta instalación foi cofinanciada pola Xunta a través dun convenio de colaboración da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes con este municipio, co fin de que que poida ser utilizada durante todo o ano pola veciñanza