Actualidade
Buscador de novas
O Sergas publica o nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino dos seleccionados nos procesos selectivos para o ingreso en varias categorías de persoal sanitario
Resultan nomeados cinco profesionais na categoría de médico de urxencias hospitalarias en prazas vacantes para cubrir postos de difícil cobertura
Gómez Caamaño salienta a publicación no 'Diario Oficial de Galicia' da nova lei que blinda a protección do persoal da sanidade e prevé sancións por agresións aos técnicos de emerxencias
O titular de Sanidade da Xunta incide en que a modificación da Lei de Saúde, que entra en vigor mañá, é unha reforma histórica, xa que blinda a protección de todo o persoal da sanidade, con independencia da titularidade pública ou privada do centro sanitario de prestación do servizo
A Xunta e a Orde de Malta reforzan a súa colaboración na atención aos peregrinos cun dispositivo especial para o Xacobeo 2027
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Orde de Malta renovan a súa colaboración para a atención sanitaria básica aos peregrinos que se acheguen ata Compostela
A Xunta publica as bases para participar nos VI Premios de Innovación en Saúde 2026
Estes galardóns buscan fomentar ideas innovadoras para mellorar a calidade de vida das persoas e a sustentabilidade do sistema sanitario público galego
A Xunta destinará 5,3 M€ á adquisición de vacinas fronte ao pneumococo para manter o calendario de inmunización máis completo do mundo
O titular do Goberno galego sinala que a vacinación está indicada para bebés aos 2, 4 e 6 meses, cun recordo aos 11 meses
A Xunta licita por máis de 4,8 M€ servizos de tecnoloxías da información para mellorar a atención sanitaria da cidadanía e o apoio a profesionais
Búscase dar soporte técnico e administrativo a sistemas esenciais como a historia clínica electrónica IANUS, a imaxe médica dixital e a receita electrónica
A Consellería de Sanidade e o concello de Porto do Son colaborarán na mellora da cuberta e na humanización interior do consultorio de Portosín
O conselleiro de Sanidade tamén se reuniu coa alcaldesa de Vimianzo para abordar a reforma e ampliación do centro de saúde da localidade
A AC-012 na Coruña reabrirá ao tráfico esta medianoite, ao acometerse a demolición do viaduto
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou as obras, que progresaron con maior axilidade do previsto
A positividade do virus respiratorio sincitial en Galicia descende ata o 3,6 %
Na última semana rexistráronse 14 ingresos de persoas maiores de 60 anos, das cales catro teñen máis de 80
O Servizo Galego de Saúde publica a lista definitiva de 67 médicos de familia seleccionados por concurso-oposición
O próximo luns abrirase o prazo de elección de destino