Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.235 novas da área temática Administración pública:

29/07/2025 | 13:27 | C. de Facenda e Administración Pública

Belén do Campo e a alcaldesa de Cambre reúnense para seguir avanzando nas vías de colaboración entre ambas administracións

A representante do Goberno autonómico repasou con Diana Piñeiro a situación dos proxectos comprometidos con este municipio, que contan co apoio do Goberno galego, e informoulle das diferentes ordes de axudas dirixidas aos concellos, veciños e empresas

28/07/2025 | 15:55 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude
28/07/2025 | 15:00 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta instala una nova torre de telecomunicacións en San Pedro de Mera para mellorar a cobertura móbil no rural de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que o Goberno galego inviste preto de 700.000 euros en tres instalacións que darán cobertura a 15 núcleos do municipio

23/07/2025 | 17:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Xunta e concello colaboran na mellora de espazos públicos de Muíños, cuxo investimento ascende a máis de 630.000 €

As actuacións de mellora de espazos abordaranse no lugar de Muíños, na parroquia de San Pedro de Muíños, na contorna de elementos do patrimonio cultural e natural, como a Reserva da Biosfera transfronteiriza Xurés-Gerés

22/07/2025 | 15:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia e outras cinco autonomías instan ao Goberno central a reformar a lexislación de costas para unha xestión máis eficiente e adaptada a cada territorio

Galicia, Canarias, Murcia, Baleares, Andalucía e a Comunidade Valenciana asinaron un manifesto pola defensa do litoral español e a súa xestión responsable

21/07/2025 | 19:14 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta constitúe o Comité que impulsará as actuacións de carácter estratéxico definidas na Lei do litoral

O comité analizou os últimos avances nos traballos de elaboración do Catálogo de bens de valor cultural no litoral, coa execución de visitas de campo para actualizar os datos dispoñibles, e no deseño da Gran senda pola costa que conectará Ribadeo e A Guarda