Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.166 novas da área temática Comercio:

30/06/2025 | 14:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima á cidadanía a mercar no comercio local na nova campaña de `O Teu Verán na Zona Náutico´ de Vigo

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, destacou a actividade do centro comercial aberto para fomentar o consumo nos establecementos de proximidade

29/06/2025 | 11:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promoverá o uso de pezas de Artesanía de Galicia na gastronomía e na restauración durante o corazón da Artesanía de Agolada

A programación do XII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebrará do 4 ao 6 de xullo nos Pendellos de Agolada, inclúe showcookings de recoñecidos chefs galegos nos que se empregarán pezas de Artesanía de Galicia

29/06/2025 | 09:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta analiza con Gadisa medidas para captar talento e cubrir a demanda de man de obra no sector da distribución de alimentos

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou recentemente as instalacións deste grupo, onde destacou a aposta de Galicia por unha formación á carta das empresas e o programa Retorna Cualifica Emprego para contribuír á cobertura de vacantes

28/06/2025 | 21:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o Festival Espírito Ribeiro como mostra da colaboración entre administracións a prol da difusión da artesanía de Galicia

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou hoxe a V edición desta cita, que, como novidade este ano, cambia de formato rotando a actividade cada edición nun dos tres concellos organizadores, que son Castrelo de Miño, Cenlle e A Arnoia

28/06/2025 | 13:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Biscaia o vínculo entre artesanía e territorio con exemplos como o proxecto Enredadas

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá en Karrantza na Xornada Arte e Pastoreo, impulsada pola marca Mutur Beltz a través dunha charla sobre artesanía contemporánea e territorio

27/06/2025 | 16:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta achega información sobre os dereitos das persoas consumidoras nas actividades de lecer nunha nova sesión dos Venres de Consumo Responde

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, destacou a relevancia da educación en materia de consumo e subliñou a importancia de que a cidadanía coñeza os seus dereitos como consumidores

26/06/2025 | 20:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o éxito e a efectividade da campaña ‘Días Azuis’ ao incentivar máis de 134.000 vendas e mobilizar 3,5 M€ no comercio de proximidade

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou hoxe en Santiago na entrega de premios aos clientes participantes que gañaron o sorteo da última edición desta iniciativa, impulsada polo Goberno galego e a Federación Galega de Comercio