Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 601 novas da área temática Auga:

23/08/2024 | 12:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Esgos colaborarán nunha ampliación da rede de saneamento municipal que beneficiará a un terzo da veciñanza

Ángeles Vázquez comprométese co alcalde a que Augas de Galicia estudará tamén con detalle outro proxecto municipal para garantir o abastecemento de Tarreirigo-Vilar

16/08/2024 | 11:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
09/08/2024 | 12:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Furelos, ao seu paso por Melide

As tarefas céntranse nun treito de case 230 metros na parroquia de San Pedro de Melide e inclúen a retirada de árbores e biomasa caídos na canle para evitar atoamentos

07/08/2024 | 13:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza no deseño do novo Plan de xestión de risco de inundacións coa avaliación preliminar dos tramos fluviais con maior perigo de asolagamento

Ángeles Vázquez anuncia que a partir de hoxe se somete a consulta pública o estudo previo realizado polo organismo hidráulico co obxectivo de revisar e actualizar a listaxe de áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI) de Galicia

02/08/2024 | 15:46 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

A Xunta acondiciona os accesos a varios núcleos de Viladonga, en Castro de Rei, cun investimento de 48.200 euros

O delegado territorial explicou que se renovou o firme da vía que conduce a Casela e á Rúa de Arriba, así como á igrexa e o camposanto de Santiago de Viladonga

01/08/2024 | 13:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mellora a eficiencia no control das augas subterráneas ao unificar a recollida de mostras e a súa análise a través do Laboratorio de Medio Ambiente

Ángeles Vázquez explica que o Goberno autonómico destinará 620.000 euros nos vindeiros dous anos ao LMAG para levar a cabo o control en 76 puntos coa realización de 456 mostras e preto de 14.100 analíticas anuais

23/07/2024 | 13:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello de Boborás avalían o proxecto para mellorar as canalizacións de augas na Almuzara

O obxectivo é renovar as tubaxes de abastecemento, saneamento e pluviais nesta contorna da estrada N-541