Actualidade
Buscador de novas
Controlado o incendio do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara
Segundo as últimas estimacións, afecta arredor de 30 hectáreas
Controlado o incendio do concello ourensán da Mezquita, parroquia de Chaguazoso
O lume iniciouse ás 19.46 horas de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 30 hectáreas
A Xunta destaca o persoal voluntario de Protección Civil como “piar na prevención e atención ás emerxencias”
O director xeral de Emerxencias e Interior participou nas xornadas de convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense, onde sinalou o apoio do Goberno galego a estes colectivos con axudas ao funcionamento e dotación de material
A Xunta e as demais administracións reforzan a súa coordinación na loita contra os incendios forestais
O conselleiro de Presidencia incidiu na importancia da colaboración da sociedade na denuncia da actividade incendiaria e na coordinación entre administracións na loita contra o lume a través deste dispositivo de case 7.000 efectivos
O Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias aborda os avances en tecnoloxía, seguridade e cooperación institucional
O director xeral de Emerxencias e Interior presidiu a sesión ordinaria do Consello Reitor, onde se presentou a memoria de actividades de 2024
A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia colaborará na protección do persoal de gardacostas encargado do control do furtivismo
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinan o acordo, dotado con 60.000 euros
O 061 de Galicia asistiu 83 persoas por 62 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 20 de xuño, ata as 23,59 horas do domingo, 22 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 73 chamadas por accidentes de tráfico
O alumnado da 17ª promoción de Policía Local percorre o Camiño Inglés antes de comezar a formación práctica este verán nos seus concellos
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recibiu aos máis de 90 alumnos desta promoción na súa chegada á praza do Obradoiro