Actualidade
Buscador de novas
“Galicia, naturalmente”, unha mostra dedicada ao territorio galego e á súa beleza paisaxística
A mostra poderase visitar ata o 30 de novembro, nas salas Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro da Casa de Galicia en Madrid
A Xunta dá luz verde ambiental ao Proxecto de Interese Autonómico do Sagrado Corazón en Lugo, coa previsión de urbanizar solo para 1.200 vivendas
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na contorna e inclúe condicionantes co fin de favorecer unha axeitada integración paisaxística
A Xunta destinou 14 M€ en 8 anos a reforzar a Rede galega de puntos limpos, que conta xa con 374 instalacións no conxunto da comunidade
Ángeles Vázquez salienta os 2,6 M€ concedidos ao abeiro das axudas deste ano para apoiar a 63 concellos na mellora deste tipo de instalacións, concibidas para garantir unha correcta xestión de fraccións especiais que quedan fóra da recollida ordinaria
A Xunta dá luz verde ambiental condicionada á instalación dun campamento turístico en Arteixo
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
Ángeles Vázquez salienta o labor de GC Veterinaria a prol do benestar animal e pon en valor as iniciativas da Xunta para avanzar neste eido
O Goberno autonómico destina o próximo ano 1,35 millóns de euros a axudas a concellos, entidades protectoras e particulares para a protección dos animais de compañía
A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a valorización de vidro e embalaxes no concello de Lalín
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta contribúe con máis de 162.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental a sufragar varias actuacións no concello de Ortigueira
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, coñeceu esta mañá algunhas das accións municipais financiadas con esta achega da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Augas de Galicia reforza cun 70% máis de fondos as axudas a concellos, particulares e comunidades de usuarios para accións en saneamento e abastecemento
O orzamento do organismo para 2026 é de 151,7 M€, un 5,5% máis que en 2025, e terá como principais liñas de actuación a optimización do saneamento e o abastecemento, a formación de técnicos e a execución de políticas de prevención ante os riscos climáticos
A Xunta cofinancia e impulsa obras de xestión dos recursos hídricos da provincia de Ourense por 8,5 M€
O delegado territorial puxo en valor o esforzo inversor do Goberno galego para mellorar a xestión da auga na provincia e o seu estado ambiental, “o que favorecerá tamén o desenvolvemento de actividades económicas ligadas a ela, como a pesca ou o turismo, e o benestar e calidade de vida da poboación”
Ángeles Vázquez salienta a cogobernanza como eixo transversal das políticas públicas ambientais de cara a acadar o obxectivo da neutralidade climática
Ángeles Vázquez indica que os retos climáticos precisan da implicación colectiva de administracións, tecido produtivo e cidadanía e, nesa liña, a Xunta puxo en marcha iniciativas que teñen a cooperación como eixo central para aproveitar sinerxías