Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 824 novas da área temática Xuventude:

23/10/2024 | 14:47 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora co 34º Festival de Jazz de Lugo na programación de 23 concertos e unha ‘jam session’

A asociación Escobijazz presenta un programa no que case a metade dos proxectos son galegos e onde tamén hai espazo para varias propostas lideradas por mulleres

22/10/2024 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta construirá en Santiago o primeiro edificio de aloxamentos compartidos e temporais, en alugueiro accesible, para mozos menores de 36 anos

Construirase un inmoble de 70 aloxamentos de alugueiro accesible na avenida Xoán XXIII, a carón da biblioteca Ánxel Casal, no que os mozos poderán permanecer ata tres anos en réxime de alugueiro  

22/10/2024 | 13:05 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta recibe solicitudes de máis de 600 persoas no ‘Xuventude Crea’, a maior participación en 15 anos

O certame supón un escaparate para o talento da mocidade en diversos eidos, sendo a fotografía, as artes plásticas e a poesía os de maior afluencia

19/10/2024 | 13:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Estudantes de FP de seis centros galegos participan nunha competición nacional de vehículos eléctricos fabricados por eles mesmos

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o conselleiro de Cultura, José López Campos, asisten a esta proba na Estrada, unha das sedes do circuíto Green Power

17/10/2024 | 18:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traslada a outras comunidades o impacto dos centros Quérote+ nun encontro con representantes de igualdade e educación

Estes recursos chegaron a algo máis de 84.000 persoas nos últimos catro anos o que converte a Galicia nun referente no tratamento da igualdade e o Bo Trato entre a mocidade

17/10/2024 | 15:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta adxudica a nove entidades e concellos as axudas para o ‘Xuventude Mentoring na Empresa’

Destínanse 1,5M€ para estadías formativas de ata catro meses en organismos públicos ou privados para a mocidade de 18 a 30 anos 

17/10/2024 | 13:29 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta pide por carta aos ministros de Cultura e Xuventude avanzar de xeito conxunto nas demandas prioritarias para Galicia nestes eidos

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude envioulles as misivas a Ernest Urtasun e Sira Abed para tratar estes temas desde un “diálogo continuo e construtivo”

15/10/2024 | 18:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza na colaboración cos centros educativos para trasladar á mocidade a normativa e os dereitos en materia de consumo

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, recibiu ao alumnado de Formación Profesional do centro IES Fernando Wirtz da Coruña na súa visita ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia

14/10/2024 | 16:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude