Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 715 novas da área temática Exterior:

22/07/2026 | 21:34 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o libro ‘Miradas do Camiño’ de Manuel Quintana Martelo como obra clave para achegarse aos sentimentos dos peregrinos na ruta xacobea

Salienta o carácter intimista á vez que universal desta publicación que recompila acuarelas do autor, baseadas na súa propia experiencia camiñando cara a Santiago

21/07/2026 | 16:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima ao alumnado de Galemundo a “aproveitar ao máximo” a estadía este verán no estranxeiro para mellorar o seu nivel en idiomas

O conselleiro de Educación saúda no aeroporto Rosalía de Castro a un grupo dos 647 alumnos de Bacharelato que participan neste programa, a través do cal viaxan fóra de Galicia máis de 1.600 estudantes e docentes para ampliar a súa formación 

13/07/2026 | 15:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 150.000 € para apoiar seis microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior

O Diario Oficial de Galicia recolle que se financiarán actuacións promovidas polas entidades Beyond Suncare, Fundación Ayuda Solidaria Hijas de Jesús, Miradas al Mundo, Busca e Rescate Integral en Emerxencias de Galicia (Briegal) e Semilla para el Cambio 

08/07/2026 | 18:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incide na cooperación transfronteiriza como clave para reforzar a resposta ante as emerxencias

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe no Porto na clausura do programa Atempo, liderado pola Axencia Galega de Emerxencias

07/07/2026 | 19:33 | C. do Medio Rural

Medio Rural urxe ao Ministerio avances nas negociacións ante a Unión Europea para aplicar produtos fitosanitarios con drons

Así o trasladou a conselleira María José Gómez na reunión da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural celebrada hoxe de xeito telemático

03/07/2026 | 23:57 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda agradece a achega dos empresarios do exterior a unha Galicia cada vez máis moderna e competitiva

Destaca que os seis premiados na gala desta noite representan a Galicia Calidade

03/07/2026 | 18:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta valora como prioritario na súa acción exterior o debate sobre o futuro Marco Financeiro Plurianual Europeo

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea compareceu hoxe para dar conta sobre o cumprimento da Estratexia Galega de Acción Exterior no Parlamento de Galicia

03/07/2026 | 15:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca bolsas de ata 2.500 € para universitarios que queiran estudar fóra da UE

Ata o 3 de agosto pódense solicitar estas axudas do programa Galemundo para participar o vindeiro curso en estadías en países extracomunitarios 

02/07/2026 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia defende no Comité Europeo das Rexións unha política pesqueira común máis forte no próximo marco financeiro plurianual

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou no pleno do Comité das Rexións celebrado en Bruxelas