Actualidade
Buscador de novas
Fabiola García anuncia que a Xunta licitará cos orzamentos de 2026 o proxecto para a construción da futura residencia de maiores de Ribeira para a que se reserva un millón de euros
Reafirma o compromiso do Goberno galego con este proxecto despois de que se tivera que desbotar a localización prevista nas Saíñas polos cambios na normativa estatal a causa da DANA
López Campos anuncia un investimento de 10,5M€ ata 2028 para rematar as obras do Teatro Cine Fraga
O representante do Goberno galego adianta que no vindeiro ano rematarase o proxecto básico e de execución e licitaranse as obras que comezarán en 2027
Gómez Caamaño avanza que os orzamentos da Xunta para 2026 destinan case 50 M€ para impulsar as obras do CHUAC e Santa Lucía e adquirir novo equipamento sanitario
Concreta que a Xunta destinará 43,7 millóns a impulsar as obras do Novo Chuac, onde hai actualmente mobilizados xa máis de 85 millóns e se prevé licitar no primeiro semestre do ano as obras da segunda fase cun investimento de máis de 400 millóns
A Xunta impulsa nos orzamentos de 2026 o proxecto Ferrol Cidade do Deporte cun investimento de 2,9 M€
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes avanzou en Ferrol a achega destinada o próximo exercicio á execución das distintas obras previstas no marco do convenio asinado en 2024 co Concello
A Xunta impulsará no Carballiño un espazo único de empregabilidade que integrará a oficina de emprego e o polo de emprendemento cun orzamento de preto de 2 M€
José González avanzou que en 2026 se licitarán e poñerán en marcha as obras que permitirán o traslado da actual oficina de emprego, situada na rúa Ramón Otero Pedrayo, a un novo espazo no edificio do Centro Comarcal
A Xunta incrementa ata os 48,2 millóns de euros o orzamento en vacinación en 2026, o que supón unha suba de máis do 17 %
O titular de Sanidade sinala que o incremento de 7,2 millóns con respecto a 2025 permitirá reforzar, ante todo, a protección do colectivo de persoas maiores, con distintas estratexias encamiñadas a aumentar as coberturas de vacinación
Medio Rural duplicará no 2026 o seu orzamento para intensificar os labores de inspección e axilizar os traballos de xestión da biomasa arredor das aldeas
A Consellería pasa dun investimento de 7,75 a 15,5 M€ no convenio coa Fegamp e, ao mesmo tempo, crearase un Fondo de Garantía de Limpeza de Franxas dotado con outros 10, ata superar así aos 25 M€ para esta finalidade
A Xunta apoiou con case 74.000 € a 10 entidades veciñais na área metropolitana da Coruña ao abeiro das axudas do Plan específico de acción comunitaria deste ano
A directora xeral de Administración Local visitou hoxe en Culleredo as obras realizadas nos locais sociais das asociacións veciñais de Castelo e de Santo Estevo de Sueiro, beneficiarias das dúas liñas desta orde de axudas
Xa está aberto o prazo de inscrición para o V encontro CIBER.gal, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia
O Nodo CIBER.gal impulsa a quinta edición dun encontro que reunirá a profesionais, empresas e cidadanía arredor de relatorios maxistrais, debates sobre os grandes retos da seguridade dixital, sinerxías coa intelixencia artificial e obradoiros prácticos
A Xunta acusa ao Goberno central de atrasar a aplicación de medidas beneficiosas para Galicia en dependencia e enerxía
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes abordou no Parlamento as consecuencias dos recursos de inconstitucionalidade presentados contra iniciativas pioneiras do Goberno galego nestas materias