Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.073 novas da área temática Territorio:

19/12/2025 | 10:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre o prazo para inscribir actividades de dinamización cultural no catálogo ‘Ler Conta Moito’

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases para que aquelas persoas físicas ou xurídicas incorporen as súas propostas de cara a ser seleccionadas para a programación nas bibliotecas públicas galegas

18/12/2025 | 19:37 | C. do Mar

Villaverde demanda á Comisión Europea cambiar o rumbo para que a pesca sexa sostible a longo prazo

A conselleira do Mar clausurou o Programa de Dirección de Empresas Alimentarias, incluído en Competemar

18/12/2025 | 14:16 | C. de Sanidade

O novo Plan de Saúde Mental da Xunta avanza no obxectivo de acadar unha atención máis humana, segura e respectuosa cos dereitos das persoas

O novo plan incorpora unha liña transversal de humanización, sensibilización e loita contra o estigma

18/12/2025 | 14:12 | C. de Sanidade

A Xunta garante a asistencia sanitaria de máis de 3.700 veciños do Concello de Cerdedo-Cotobade

Todas as prazas do servizo de atención primaria do municipio están cubertas: catro de medicina, catro de enfermería e tres de persoal de servizos xerais

18/12/2025 | 14:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pide a colaboración de todo o sector porcino e dos cazadores para actuar coordinados na xestión das poboacións de xabaril

Ángeles Vázquez lembrou tamén a importancia de contar coa colaboración das administracións locais e cidadanía para lograr manter limpas e desbrozadas as zonas periurbanas co fin de evitar que a especie atope nelas refuxio e alimento

18/12/2025 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima a solicitar as axudas para coidadores de gando e pon en valor que desde 2023 xa permitiron contratar 75 persoas para previr os ataques do lobo

Ángeles Vázquez indica a Xunta destinará en 2026 preto de 570.000 euros a esta iniciativa que ten como obxectivo axudar ao sector gandeiro en extensivo na contratación de persoal para desenvolver tarefas de pastoreo e manexo de reses

18/12/2025 | 13:12 | C. de Sanidade

A onda epidémica de gripe mantense en intensidade media con tendencia decrecente

Esta situación deberá confirmarse na seguinte semana, xa que os datos da semana 50 puideron verse condicionados pola festividade do 8 de decembro e as 4 xornadas de folga médica contra o Estatuto Marco do Goberno central

18/12/2025 | 13:03 | C. do Mar

Villaverde destaca o papel estratéxico do Cetmar para impulsar a innovación marítimo-pesqueira

O padroado da Fundación aprobou o Plan de Actuación e os orzamentos para 2026

18/12/2025 | 12:59 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia o ‘II Mercadiño de Nadal’ que organiza a Asociación de Veciños de San Antonio, en Lugo

Haberá actividades infantís, espectáculos de maxia e un posto solidario de venda de chocolate e café a favor da Asociación Española contra o Cancro