Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.268 novas da área temática Medio ambiente:

27/10/2025 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con preto de 922.000 euros do Fondo de compensación ambiental proxectos en 14 municipios da área e a mancomunidade de concellos de Ferrol

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, desprazouse esta mañá ao municipio de Cabanas onde o Concello que vén de adquirir unha miniretroexcavadora e un remolque para levar a cabo tarefas de protección medioambiental

26/10/2025 | 09:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta completa e entrega ao Concello de Coirós as obras que garanten o saneamento no núcleo de Anta

Cun investimento de case 280.000 €, os traballos incluíron a construción dunha nova EDAR prefabricada de formigón e dunha rede de colectores para augas fecais

25/10/2025 | 14:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon en valor o labor dos 420 voluntarios que colaboraron para previr arrastres e alimentar á fauna en zonas danadas polos lumes

Os participantes no plan de voluntariado da Xunta contribuíron a prever os problemas hidrolóxicos, de erosión e de contaminación dos solos, e a alimentar a exemplares silvestres co reparto de 75 toneladas de palla, herba e cereais

24/10/2025 | 12:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Medio Ambiente reserva nos seus Orzamentos de 2026 unha partida sen precedentes de 35,5 M€ para que sexa o ano do impulso á xestión autonómica do litoral e das políticas relacionadas co clima

Tras asumir o autogoberno pleno da costa, convocarase a primeira orde de axudas para chiringuitos biosostibles (1 M€) e poranse en marcha o rexistro de autorizacións e concesións e o novo procedemento integrado para tramitar os títulos do litoral

23/10/2025 | 18:08 | C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o éxito do concurso de ideas para deseñar un prototipo de ‘chiringuito’ biosostible cunha vintena de propostas presentadas

Ángeles Vázquez explica que esta innovadora iniciativa busca unificar a estética destes establecementos, que tamén se beneficiarán da decisión de ampliar a duración da tempada de verán ata o 31 de outubro

23/10/2025 | 15:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina 36.000 euros para a mellora do punto limpo da Lama

Esta liña de axudas beneficiou a un total de 24 concellos da provincia de Pontevedra, catro deles na área de influencia de Pontevedra

23/10/2025 | 13:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que o sistema voluntario de créditos de carbono impulsa a acción climática coa combinación do compromiso ambiental coa oportunidade económica

Angeles Vázquez explica que o SICLE CO2 permitirá que empresas, organizacións e cidadáns poidan compensar as súas emisións mediante proxectos que reduzan ou absorban gases de efecto invernadoiro

23/10/2025 | 12:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental condicionada a un proxecto de cultivo experimental de preengorde de ameixa en batea na ría de Arousa

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

22/10/2025 | 19:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta subliña o potencial do catálogo de bens do litoral para converter este patrimonio en motor de futuro para o desenvolvemento da costa galega

Ante case un cento de arquitectos e profesionais do urbanismo e da paisaxe, Ángeles Vázquez incide en que, grazas á Loxilga, as 870 edificacións arquitectónicas e industriais identificadas na costa poderán ter unha nova vida sen perder protección

22/10/2025 | 15:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima ás empresas galegas que apostan pola sostibilidade a solicitar o certificado europeo Ecolabel como garantía de calidade para os seus produtos

Ángeles Vázquez lembra que este ano o seu departamento entregou o distintivo Ecolabel a 18 firmas galegas e agarda que esta cifra siga crecendo tendo en conta o compromiso medioambiental que caracteriza ao tecido produtivo autonómico