Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.673 novas da área temática Mar:

23/09/2025 | 15:03 | C. do Mar

A Xunta apoia á Confraría de Cambados con máis de 1,6 millóns de euros para melloras dos equipamentos portuarios e medidas de xestión do medio mariño

A conselleira do Mar mantivo un encontro con representantes da entidade para abordar as necesidades particulares do sector nesta zona e tamén analizaron posibles medidas futura para impulsar a actividade pesqueira e marisqueira

19/09/2025 | 16:53 | C. do Mar

Galicia satisfeita polo incremento das posibilidades de pesca de bacallau e o mantemento en especies como a gallineta, a raia e a bertorella no cumio da NAFO

O único punto negativo é a pequena redución na cota de fletán negro dun 0,22% pola aplicación da nova regra de explotación o que se traduciu en 32 toneladas menos cun TAC para o 2026 14.729 toneladas das cales 6.398,9 corresponden á frota comunitaria

19/09/2025 | 16:46 | C. do Mar

Villaverde expón ante o sector que Galicia lle marcou o rumbo ao Goberno na defensa dun fondo específico e suficiente para a pesca

Proba delo é que hai xa dous meses e tan só dous días despois de coñecerse o anuncio da Comisión de diluír o actual Fempa nun gran fondo, a Xunta rexeitaba esta decisión, creando, a principios de agosto e xunto co sector, un grupo de traballo ad hoc

19/09/2025 | 14:33 | C. do Mar

A Xunta contribúe á diversificación da economía marítimo-pesqueira da Costa da Morte a través de dous proxectos desenvolvidos polo GALP

Trátase de SaboR a MaR con R e de Temporada de Mar, iniciativas financiadas polo Fempa con máis de 154.000 euros

18/09/2025 | 15:40 | C. do Mar

A Xunta destaca a planta de cultivo larvario e acuicultura rexenerativa de Octolarvae en Moaña que sitúa a Galicia á vangarda en investigación mariña

Este proxecto ten como obxectivo principal a optimización do cultivo na fase larvaria de diferentes especies de interese pesqueiro como o polbo para lograr xuvenís cos que rexenerar e repoboar os ecosistemas das rías

18/09/2025 | 12:01 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda reclama a rebaixa do IVE do peixe para frear a caída do consumo

Salienta a prioridade do Goberno galego de garantir a remuda xeracional na pesca e en todo o sector primario

17/09/2025 | 18:48 | C. do Mar

Villaverde aborda co sector a modificación do decreto de artes e a nova orde para regular a comercialización dos excedentes marisqueiros

O cambio suporá a actualización e optimización da regulación dos horarios do marisqueo co fin de garantir o control e sustentabilidade dos recursos marisqueiros e unha xestión e explotación máis eficiente dos mesmos

16/09/2025 | 17:52 | C. do Mar

A Xunta e as federacións de confrarías manteñen un novo encontro de traballo para afondar na competitividade da pesca galega

A Consellería do Mar celebra este mércores un encontro para analizar o estado actual da tramitación de iniciativas demandadas polas entidades sectoriais e estudar o deseño de novas actuacións