Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.028 novas da área temática Emerxencias e interior:

30/05/2025 | 14:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo aproba un suplemento de crédito de 1,1 M€

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na reunión do pleno  do organismo, na que se aprobou a conta xeral co incremento para facerlle fronte á suba salarial acordada cos traballadores

26/05/2025 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta actualiza o Plan de Protección Civil de Salvamento nas praias de Galicia para garantir este verán a cobertura das emerxencias nas zonas de baño

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe a reunión do comité asesor do Sapraga

23/05/2025 | 18:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo celebra o Día das Familias coas promocións de Policía Local e oficiais que se están a formar na Agasp

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes acompañou aos futuros axentes nunha xornada que compartiron cos seus familiares para ensinarlles as instalacións da Academia e que coñezan a preparación que levan a cabo antes de incorporarse aos seus concellos

23/05/2025 | 10:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca unha nova edición da xornada ‘Narcotráfico, criptoactivos e branqueo de capitais’

Organizada en colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico, desenvolverase na Academia Galega de Seguridade Pública o 12 de xuño no marco da programación formativa do primeiro semestre

21/05/2025 | 14:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lamenta a falta dunha explicación oficial por parte do Goberno central sobre o apagamento

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes interveu no Parlamento, onde destacou o labor de coordinación desenvolvido en Galicia e do Goberno galego na toma de decisións, na análise do acontecido e no deseño de novas medidas de resposta

20/05/2025 | 11:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa de que o 112 Galicia e o 061 prestan servizo con normalidade pese aos problemas derivados de causas alleas ao servizo

A actualización da rede de fibra intelixente da compañía provocou desde a madrugada incidencias nas chamadas desde móbiles desta compañía a centros 112 e de atención sanitaria de toda España