Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 941 novas da área temática Industria:

01/04/2025 | 19:22 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra o Día das Artes a Díaz Pardo como “xusto recoñecemento de Galicia ao innovador legado cultural dunha figura inmensa e irrepetible”

O responsable de Cultura do Goberno galego destaca que foi o artífice de proxectos tan relevantes como Sargadelos, o Laboratorio de Formas, Ediciós do Castro, o Instituto Galego de Información ou o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside

01/04/2025 | 14:41 | C. de Economía e Industria

Lorenzana cualifica de boa noticia a sinatura entre Alcoa e Ignis, pero empraza a continuar coas inversións na planta de San Cibrao

A conselleira de Economía e Industria sinala que o acordo alcanzado entre as dúas empresas reforza a fábrica lucense desde o punto de vista económico e tecnolóxico

01/04/2025 | 11:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta adxudica preto de 88.500 m² de solo empresarial en oito polígonos industriais

Trátase de solo propiedade da sociedade Xestión do Solo de Galicia-Xestur e distribúense nun total de 21 parcelas

01/04/2025 | 11:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove diversas xornadas formativas para estudantes e profesionais da industria forestal e a construción en madeira

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, participou hoxe nas instalacións de Pemade (USC) na primeira das catro Xornadas Técnicas Madeira organizadas por Cesuga co apoio da Xunta

31/03/2025 | 18:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende en Madrid o modelo galego de impulso á competitividade industrial e de captación de investimentos

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na reunión do grupo de boas prácticas do Consello Interterritorial Internacionalización do ICEX e intervén na mesa redonda "Competitividade industrial: como financiar o futuro", no marco do evento Wake Up Spain

28/03/2025 | 14:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a competitividade das empresas galegas para acceder ao mercado das tecnoloxías duais, para o seu uso civil e de defensa

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, visitou hoxe en Silleda o espazo expositivo do Polo Aeroespacial de Galicia na Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias (SEDEXPO)

27/03/2025 | 15:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza os vínculos comerciais con EE.UU. coa vista posta na apertura de novas oportunidades de negocio para o tecido empresarial galego

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo unha reunión de traballo cunha delegación estadounidense desprazada a Galicia e con responsables da Asociación de Industrias do metal e tecnoloxías asociadas de Galicia (Asime)

26/03/2025 | 13:59 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa simplificación administrativa para fortalecer o desenvolvemento empresarial

Defende a eliminación de obstáculos burocráticos para a axilización dos proxectos económicos

25/03/2025 | 18:47 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pide o apoio da cámara para cambiar a Lei de Industria, que “ignora” a Galicia na planificación enerxética e pon en risco proxectos estratéxicos

Sinala que o texto non garante que os proxectos industriais teñan a interconexión eléctrica necesaria e considéraa “outro intento de recentralización sen recoñecer as competencias autonómicas”