Actualidade
Buscador de novas
A Xunta poñerá en marcha en 2026 a Casa de Artesanía de Ribadavia como espazo permanente para a comercialización do sector no marco de Vilas Vivas
José González destacou que un dos locais acondicionados na rúa Banda A Lira será dedicado a un centro estable de promoción artesanal, reforzando o papel deste ámbito como motor económico e cultural
A Xunta inaugura en Ribadavia o mercado ‘Artesanía, Saber e Sabor’ como punto de partida do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas
José González convidou a gozar da ampla programación prevista para estes días en Ribadavia arredor dos produtos artesáns e alimentarios de calidade e sinalou que este mercado suporá un punto de inflexión na recuperación do tecido comercial da vila
Rueda defende a concentración parcelaria como ferramenta fundamental para manter un rural coidado e produtivo
Sinala que a reestruturación no concello dezán permitiu multiplicar por tres o tamaño medio das parcelas e reducir o seu número nun 72%
A Xunta destaca que máis de 300 familias se beneficiaron dos programas de preservación familiar, que melloran a convivencia na contorna e evitan situacións de desamparo
Un informe elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela revela que estes recursos teñen un impacto positivo no benestar infantil
A Xunta pon en valor o acendido do alumeado de Nadal de Ribadavia e a súa sinerxía co proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas
Na ponte de decembro a vila acollerá o mercado Artesanía, Saber e Sabor, que reunirá produtos artesáns e alimentarios de calidade, e en paralelo botará a andar o proxecto autonómico concibido para potenciar o comercio local, dinamizando baixos en desuso
Galicia mantivo durante o ano 2024 unha boa calidade do aire en zonas urbanas, rurais e industriais
O informe anual elaborado por MeteoGalicia conclúe que ningunha das estacións da Comunidade superou os valores límite para a protección da saúde humana e apunta tamén a unha lixeira mellora nos resultados con respecto ao ano anterior
Medio Rural reforza as accións de formación e sensibilización sobre incendios forestais coa participación de máis de 1.000 escolares de Ourense
As accións formativas que se desenvolveron en Ourense foron en centro educativos dos concellos de Castro Caldelas, O Barco de Valdeorras, Ourense e A Pobra de Trives
A Xunta pide ao Goberno central transparencia e cooperación no desenvolvemento do Corredor Atlántico
A directora xeral de Mobilidade participou no ‘IX Foro de Transporte Multimodal Corredor Atlántico e Autopistas Ferroviarias: Retos e Oportunidades para a Loxística e o Transporte Multimodal’, organizado pola Asociación de Empresarios do Transporte, Loxística, Aparcadoiros e actividades afíns do Principado de Asturias