Actualidade
Buscador de novas
A Xunta dá luz verde ambiental condicionada á instalación dun campamento turístico en Muxía
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta aposta por unha Oficina de Economía Circular Industrial que asesore e detecte as necesidades das empresas para promover modelos de negocio sostibles
Haberá un Inventario Galego de Accións Circulares para coñecer o estado real da economía circular desde o punto de vista empresarial
A Xunta destaca que só en tres meses máis de 170 concellos se sumaron ás novas compensacións pola xestión dos residuos eléctricos e electrónicos
Ángeles Vázquez explica que as entidades locais reciben agora 130 €/t polo novo acordo marco asinado en xullo cos scraps para xestión destes residuos e poden acceder a 440 €/t adicionais por actividades de reutilización de pequenos aparatos
Galicia rexistrou un mes de setembro frío e cun 30% menos de precipitacións do habitual
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a media en setembro foi de 17,2 graos, o que supón 9 décimas menos do valor habitual neste período
A Xunta avanza a intención do concello de Ferrol de solicitar a colaboración autonómica para o desenvolvemento de medidas de control do xabaril
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, trasladou esta nova ao presidente da AVV de Canido, Roberto Taboada, durante unha reunión mantida esta mañá na Delegación
A Xunta destaca que máis de 11.300 persoas visitaron o Illote Areoso entre maio e setembro, o que significa máis do 56% da ocupación das prazas ofertadas
A modalidade de acceso máis empregada foi a de atraque sen motor que representou o 65,57% dos tres tipos de acceso
Os Centros de Recuperación de Fauna Silvestre de Galicia atenderon máis de 2.900 exemplares de aves no que vai de 2025
Un grupo de rapaces de centros educativos do municipio celebran o Día das Aves presenciando a solta de tres paxaros que foron curados
A Xunta detecta dous novos focos de gripe aviaria en aves silvestres nos concellos de Ordes e Ribeira
Corresponden a dous exemplares de gaivota patiamarela (Larus michahellis) recollidas en ambos municipios coruñeses e trasladados ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático de Oleiros, A Coruña
A Xunta colaborará co concello de Trasmiras para mellorar o servizo de abastecemento de auga potable
Ángeles Vázquez traslada que persoal de Augas de Galicia estudará a documentación para construír un novo depósito de auga potable
A Xunta e Cerdedo-Cotobade colaboran na posta en marcha dunha rede de calor con caldeira de biomasa que favorece o desenvolvemento rural sostible
A conselleira do Medio Rural e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional participaron no acto de sinatura do convenio, dotado con máis de 516.000 euros