Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.430 novas da área temática Administración pública:

04/11/2025 | 15:31 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos traslada a importancia de adaptar a Lei de Patrimonio Cultural para axilizar trámites e garantir unha protección máis eficaz

O titular de Cultura explica que o obxectivo destas modificacións recollidas na Lei de acompañamento aos Orzamentos é desburocratizar os procedementos e reducir así os tempos de espera por parte da cidadanía e as institucións

03/11/2025 | 15:40 | Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo destaca que a Xunta aprobou tres axudas para os concellos da comarca de Arzúa para que melloren as súas infraestruturas turísticas por importe de 90.000 €

A delegada da Xunta explicou que o Concello de O Pino recibiu 30.000 euros para levar acabo intervencións de embelecemento dos accesos ao Camiño Francés, nun traxecto total de 10,1 quilómetros

31/10/2025 | 19:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta incrementa no 2026 nun 22% o orzamento do IGVS, que acadará a cifra récord de 269 M€

O director do IGVS subliña que dos 269M€ do orzamento, 62,45% corresponden a fondos propios, 168M€, e só o 17% provén de fondos finalistas do Estado

31/10/2025 | 15:06 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP analiza co catedrático e xurista Miguel Sánchez Morón a temporalidade do emprego público e as medidas legais para abordalo

A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou a conferencia A temporalidade e a estabilización no emprego público: un problema sen resolver

31/10/2025 | 12:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a CCDR-NORTE conmemoran hoxe o Día da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal cunha declaración institucional conxunta

A institución desta data é unha forma de recoñecer o legado histórico do primeiro protocolo de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal en 1991, con resultados concretos que benefician a 6,2 millóns de habitantes desta Eurorrexión

30/10/2025 | 10:55 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca a aposta pola creación, atracción e retención de talento como clave para seguir avanzando na especialización tecnolóxica de Galicia

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corso, inaugurou o VI Foro de responsables autonómicos de digitalización

28/10/2025 | 17:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola actualización continua da formación das forzas e corpos de seguridade que traballan en Galicia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na clausura do ‘V Encontro das policías locais de Galicia’, organizado pola asociación Axempol

28/10/2025 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo destaca que a Xunta apoia con cinco axudas a catro entidades veciñais da comarca do Barbanza a través do plan específico de acción comunitaria con máis de 44.000 euros

As achegas van dirixidas a asociacións veciñais e de mulleres rurais, así como a comunidades de usuarios de augas e poden acadar a totalidade do investimento realizado

27/10/2025 | 17:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza a batería de medidas dirixidas a formar e reter o talento da mocidade cun investimento total no 2026 de preto de 30 M€

José González explicou que tamén se fortalecerá a formación de talento xunto co tecido local co pulo a ferramentas como os obradoiros e programas integrados de emprego e o Aprol Rural, dotadas cun investimento global no 2026 de máis de 74 M€