Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.947 novas da área temática Infraestruturas:

06/11/2025 | 18:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/11/2025 | 14:56 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde ten en marcha un plan de mellora estrutural do servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, remarca no Parlamento que o complexo hospitalario conta cun plan de continxencia de urxencias como protocolo de actuación ante situacións de maior presión asistencial

06/11/2025 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 196.000€ a obra de humanización dun espazo para a veciñanza e a execución dun edificio para uso recreativo en Chandrexa de Queixa

A actuación prevista en Celeiros, enmarcada no Plan Hurbe do Goberno galego, permitirá habilitar un novo espazo para a veciñanza onde celebrar feiras, actividades de lecer e deporte, reunións e esparexemento para os usuarios da residencia de maiores

06/11/2025 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial da Xunta supervisa o remate das obras da senda do Barbaña na zona da avenida Pardo de Cela, en Ourense

Manuel Pardo destacou que os traballos que se levaron a cabo nesta intersección adquiren unha gran importancia por tratarse dun enclave polo que transcorre o Camiño de Santiago no seu roteiro da Vía da Prata

06/11/2025 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 7,6 M€ as obras de 48 novas vivendas públicas en Valdecorvos e avanza no trámite ambiental do PIA para desenvolver solo residencial en San Mauro

Allegue avanzou que a Xunta tamén adxudicará antes de que remate o ano as obras para outro bloque de 56 novas vivendas

06/11/2025 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/11/2025 | 12:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
05/11/2025 | 16:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

M. Allegue solicita ao Goberno central que desvele a dirección das vivendas protexidas que dí que entregou en Galicia e pide que deixe de vender fume

Allegue considera preocupante que o Goberno central frivolice presumindo de ter entregado 100.000 vivendas das 180.000 prometidas, multiplicando “as cifras como os pans e os peixes”, cando en Galicia a realidade é clara: “cero vivendas entregadas”

05/11/2025 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo supervisa as melloras na envolvente da Casa do Concello de Teo que contaron cunha achega da Xunta de máis de 32.000€

A delegada da Xunta, acompañada pola alcaldesa de Teo, Lucia Calvo, subliñou que estas achegas enmárcanse no  compromiso da Xunta co eido local, especialmente cos municipios de menor poboación, xa que están destinadas a localidades de menos de 30.000 habitantes

05/11/2025 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 355.000 euros a redacción do proxecto do inmoble de aloxamentos compartidos e temporais para a mocidade en Vigo

O inmoble, que albergará 80 aloxamentos, é unha das medidas da Xunta para garantir que a mocidade poida comezar a súa vida adulta nun fogar digno, de calidade e a prezos accesibles ás súas posibilidades