Actualidade
Buscador de novas
A Xunta leva a Zamora un percorrido en imaxes do Camiño Portugués a través da mirada dunha trintena de fotógrafos lusos e galegos
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude define a exposición como “un diálogo fotográfico entre o pasado e o presente que radiografía o legado” desta ruta xacobea
A Xunta amplía o ensaio de limpeza da muralla con bioherbicidas ao tramo completo entre a Porta Falsa e a de Bispo Odoario
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, subliña que os resultados invitan a triplicar a superficie da pasada campaña e estender o tratamento no 25% da superficie exterior do monumento
A Xunta impulsa a proxección exterior de catro propostas galegas de música e danza na Fira Mediterrània de Manresa
De Ninghures e Unto Vello, no ámbito musical, e Fran Sieira Cía. de Danza con Caamaño & Ameixeiras e Colectivo Glovo, no escénico, participarán do 15 ao 18 de outubro neste mercado internacional especializado na raíz e na cultura popular
A Xunta colabora coa Fundación Contemporánea para organizar en Santiago ‘Lo Mejor de la Cultura 2026’
A cita celebrarase o 28 de xaneiro e contará coa participación de representantes das institucións de todo o Estado
O programa ‘Estudios Abertos’ reforza a difusión da arte contemporánea ampliando o número de días, espazos e artistas co apoio da Xunta
Anxo M. Lorenzo pon en valor a contribución deste proxecto para dar a coñecer o lugar e proceso creativo de artistas galegos noveles e consagrados
A Xunta exhibirá no Centro Galego de Arte Contemporánea unha revisión do legado de Jannis Kounellis, o máximo expoñente da ‘Arte Povera’
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude inaugura o vindeiro venres, día 25, este proxecto artístico internacional, realizado en colaboración co Es Baluard Museo Darte Contemporani de Palma
López Campos destaca o prestixio internacional dos premios Atlante de Gravado e a súa contribución “á proxección da Galicia Calidade a través da arte”
O representante do Goberno galego salienta a repercusión e interese destas distincións coa participación de 139 creadores de todo mundo cun “talento soberbio”
Villares participa na Galería Néboa na inauguración da proposta Aberto’26, que conta co apoio da Xunta
O delegado territorial de Lugo destaca a colaboración do Goberno galego co sector para favorecer a actividade expositiva, a asistencia a feiras nacionais e internacionais e a promoción dos artistas locais
A Xunta remata a restauración da Casa de Don Álvaro coa que recupera un dos bens máis icónicos e significativos do concello de Lalín
López Campos salienta o compromiso do Goberno galego coa posta en valor deste inmoble “tras un investimento de máis de 1,2 M€”