Actualidade
Buscador de novas
Mar e Facenda impulsan un sistema de información que dea soporte á xestión dos descritores do estado do ecosistema mariño e as poboacións explotadas
A plataforma, que está dotada con 187.000 euros, co-financiados polo Fempa, permite a dixitalización destes elementos, considerados decisivos na xestión e a investigación pesqueira
A Xunta e o concello de Nigrán activan unha liña municipal para conectar durante o verán o parque empresarial de Porto do Molle e as praias da zona
A delegada territorial, Ana Ortiz, anuncia o acordo para conectar Porto do Molle cos areais de Panxón e Praia América
A Xunta publica a convocatoria do proceso selectivo para cubrir máis dun cento de prazas para os corpos de Policía Local nunha trintena de concellos galegos
Trátase da oposición unificada centralizada na Xunta a través da Academia Galega de Seguridade Pública con maior número de vacantes para esta categoría
A Xunta insiste na reunión da comisión mixta co Consello de Seguridade Nuclear en ter a debida información sobre os bidóns con residuos nucleares depositados na foxa atlántica
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, pediu que se trasladen de xeito oficial as xestións que se están a realizar para coñecer o estado dos bidóns
Desde hoxe as familias galegas poderán gardar as facturas de libros e material escolar para beneficiarse da nova desgravación fiscal da Xunta
Vai dirixida ás familias con rendas per cápita superiores a 10.000€ e ata 30.000€, que ata o de agora quedaban fóra das axudas que operan para rendas inferiores a 10.000€
Rueda anuncia que a Xunta reclamará o traspaso das competencias executivas das autorizacións iniciais de traballo tras obter o aval do Consello Consultivo
Asegura que o obxectivo é “axilizar” a incorporación “ordenada e planificada” de persoas doutros países ao mercado laboral galego
A Comisión de Heráldica aproba novos símbolos para o concello de Ribadeo e a entidade local menor de Morgadáns
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu a reunión na que se lles deu o visto bo aos respectivos escudos e ás bandeiras
Rueda reivindica o espírito de concordia e orgullo compartido na entrega das Medallas Castelao 2025
Os recoñecidos nesta edición inclúen ao grupo Luar na Lubre, ao autor Víctor Fernández Freixanes, ao empresario Emilio Pérez Nieto, á doutora Rosa Rodríguez Álvarez -en nome de todos os profesionais da atención primaria- e á Asociación Agaela
Arias informa a representantes veciñais dos barrios de Paradai e das Gándaras sobre os prazos para a renovación da rúa Serra de Meira
Explicoulles que a Xunta traballa na actualización do proxecto de mellora da vía, que se agarda ter lista no mes de xullo, e lembrou que isto non se puido facer antes polos continuos atrasos nas obras previas que debían executar o Concello de Lugo e a CHMS