Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.184 novas:

22/07/2026 | 15:22 | C. de Sanidade

A Xunta dará por finalizada mañá a alerta por posibles efectos da calor na zona de Valdeorras

Nos vindeiros días espérase que a masa de aire cálido se vaia desprazando cara ao leste, sendo substituída por aire atlántico, máis fresco e húmido

22/07/2026 | 15:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta acompaña á mocidade galega do exterior no inicio da nova edición do programa ‘Conecta con Galicia no Camiño’

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, iniciou a xornada cos participantes hospedados na Residencia Florentino López Cuevillas, compartindo os primeiros pasos da Vía da Prata

22/07/2026 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta destina máis de 43.000 euros á modernización, dixitalización e mellora da seguridade da área de servizo de Ponte Ulla en Vedra

A delegada visitou unha das beneficiarias desta liña de axudas que serviu para a instalación de melloras asociadas ao pagamento e equipamentos dirixidos a mellorar a seguridade da estación de servizo

22/07/2026 | 14:58 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta incrementa a capacidade aloxativa do turismo de interior coa apertura da Casa do Baño en Bande mentres Ourense medra un 7,9% en viaxeiros

O director de Turismo de Galicia inaugurou o novo establecemento, unha pensión de tres estrelas de titularidade municipal, con seis habitacións dobres e capacidade para 12 persoas

22/07/2026 | 14:56 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses destaca a perspectiva “lúdica, social e educativa” duns campamentos que contan con 2.820 prazas na provincia da Coruña

Trátase dunha modalidade que ten capacidade para 8.050 nenos e nenas este verán en toda Galicia, 173 máis que o ano pasado

22/07/2026 | 14:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o investimento de máis de 42 M€ na mellora do saneamento e da depuración de Vilagarcía de Arousa que reforzará a protección ambiental da ría

Ángeles Vázquez explica que o obxectivo é dotar o concello dun sistema máis moderno, eficiente e preparado para responder ás necesidades actuais e futuras de poboación

22/07/2026 | 14:19 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda destaca o Grupo Cándido Hermida como un referente do prestixio internacional de Galicia no sector contract

Agradece a visión emprendedora e a aposta da firma pola innovación, o talento e a formación, destacando a súa colaboración pioneira coa FP Dual na comarca

22/07/2026 | 13:57 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos presenta os 14 novos espectáculos para a temporada 2026-2027 do Centro Dramático Galego baixo o lema 'Tempo de teatro'

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude reivindica a compañía de teatro da Xunta como un espazo dinámico, aberto e compartido, “escaparate da mellor Galicia Calidade”

22/07/2026 | 13:48 | C. do Medio Rural

A Xunta traballa para compatibilizar a produción de madeira de calidade co fomento da biodiversidade

María José Gómez reafirmou a aposta do Goberno galego polo sector forestal e, en particular, polo fomento das formacións de frondosas autóctonas para que sirvan de referencia a outras masas, asegurando a súa persistencia e multifuncionalidade