Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.169 novas:

08/08/2026 | 11:15 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e a USC impulsan a improvisación teatral cun curso intensivo no Gaiás con alumnado de oito países

A iniciativa, que chega á súa terceira edición, consolídase como o único programa formativo universitario nesta disciplina en Europa

08/08/2026 | 11:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta leva a Artesanía de Galicia a Merza co obxectivo de promover a comercialización do produto artesán e dinamizar o rural

A iniciativa ‘Artesanía de Galicia en Merza’ é un programa de feiras mensuais impulsado polo Goberno galego en colaboración co obradoiro Eferro que se están a celebrar dende o pasado mes de abril

08/08/2026 | 10:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta lanza unha guía de boas prácticas co fin de reducir a presenza de residuos nos areais galegos

Baixo o lema Que o único que quede na praia sexa o teu nome escrito na área, a empresa pública Sogama impulsa esta iniciativa de concienciación cidadá para protexer este tipo de espazos naturais e contribuír á conservación dos ecosistemas costeiros

08/08/2026 | 10:01 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 860.000 euros as obras de acondicionamento da contorna do Camiño Inglés no Paseo do Carboeiro, no Concello de Oroso

Trátase de acometer a mellora paisaxística e da seguridade viaria neste parque fluvial en Sigüeiro, lugar de paso do Camiño de Santiago, beneficiando tanto aos peregrinos como á veciñanza

08/08/2026 | 09:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora con máis dun cento de entidades sen ánimo de lucro para desenvolver actividades de voluntariado

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dota esta axuda con máis de 126.000€ para poñer en marcha iniciativas de sensibilización, formación e coordinación 

07/08/2026 | 21:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración
07/08/2026 | 21:08 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca que o viño certificado na Denominación de Orixe Monterrei medrou un 300 % en pouco máis dunha década

Sinala que este éxito é froito do traballo dun sector forte, con case catrocentos viticultores e trinta adegas, que deu como resultado uns viños recoñecidos e con moita personalidade

07/08/2026 | 16:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta os bos resultados do proxecto Couto Florido e avanza novas accións ao longo deste mes

No marco desta segunda fase da iniciativa, que arranca hoxe, Enrique de Salvador explica que se executarán varias intervencións para minimizar os posibles impactos visuais sobre a contorna paisaxística causados polo deterioro de espazos públicos e edificacións