Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o concello de Arbo avalían a mellora do servizo de saneamento no municipio
Ángeles Vázquez explica que o persoal de Augas de Galicia avaliará os proxectos técnicos que presente o Executivo local para estudar tanto a mellor fórmula para executar os traballos como para financialos
Rueda destaca á corporación Hijos de Rivera como exemplo dunha Galicia competitiva, innovadora e fiel ás súas raíces
Salienta a aposta do Goberno galego por impulsar á industria na comunidade, con medidas como a posta en marcha ata 2030 de 12 millóns de metros cadrados de novo solo empresarial
Villaverde asina coa agrupación de mariscadoras do río Anllóns o convenio para a recuperación dos seus bancos marisqueiros tras os temporais
A Consellería do Mar suma a Agrupación de Mariscadoras do Río Anllóns nun novo plan de recuperación produtiva das súas zonas de marisqueo
A Xunta pon en valor a implicación da trintena de xerentes participantes na formación impulsada para consolidar a xestión dos centros comerciais abertos
O director xeral de Comercio e Consumo participou hoxe en Santiago de Compostela na entrega de diplomas tras a formación de case un mes promovida polo Goberno autonómico no marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030
Galicia sitúase como a terceira comunidade coa maior taxa de doazón de sangue de España
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue recolleu en 2025 un total de 105.337 doazóns de sangue, que supuxeron 39 doazóns por cada 1.000 habitantes
Gómez Caamaño denuncia a parálise absoluta do Goberno central ante as folgas contra a reforma do Estatuto Marco que acumulan máis de 270.000 actos médicos suspendidos en Galicia
Lamenta a falta de interese do Ministerio de Sanidade por solucionar o problema e evitar unha folga indefinida a partir de setembro