Actualidade
Buscador de novas
A Xunta centralizará e coordinará o envío de profesionais e medios de emerxencias en apoio ás persoas afectadas pola Dana en Valencia
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta mañá nunha reunión por videoconferencia con representantes da Delegación do Goberno en Galicia, da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), das catro deputacións provinciais e de servizos operativos de emerxencias para facer reconto dos medios dispoñibles
A Xunta e o Concello de Lalín daranlle un impulso prioritario á cuarta fase do polígono industrial
O presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, e o alcalde lalinense, José Crespo, mantiveron un encontro no que se abordou a próxima aprobación definitiva do expediente de expropiación deste parque empresarial
Rueda destaca que a residencia impulsada pola Fundación Amancio Ortega en Pontevedra comezará a recibir residentes no primeiro semestre de 2025
A FAO entrega chave en man á Xunta o complexo no barrio pontevedrés da Eiriña, lugar que lle dá tamén nome á infraestrutura, para a súa incorporación á rede pública autonómica, tras un investimento que supera os 25 millóns de euros
A Xunta enxalza o labor da Policía Autonómica e reclama a cobertura de todas as prazas para garantir a seguridade cidadá
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou as novas instalacións da UPA en Vigo
Rueda aposta polo aproveitamento sustentable da madeira e pola súa incorporación progresiva á estrutura das novas edificacións públicas
Resalta que a Xunta de Galicia traballa para consolidar a fortaleza e innovación do sector madeireiro galego grazas á colaboración público-privada
Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano
Presionando nas seguintes ligazóns poderán ter acceso á referencia do Consello e ao audio da rolda de prensa posterior.
A Xunta eleva a 180 as persoas beneficiarias da segunda fase do proxecto pioneiro de arraigamento por formación para migrantes ao sumar á ONG Rescate Internacional
O Consello do Goberno galego autorizou a sinatura dun convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e esta entidade, que se une aos xa en marcha con Cáritas Federadas en Galicia, Cáritas de Lugo e as Escolas Familiares Agrarias
Os orzamentos de Medio Ambiente soben un 10%, o maior incremento de toda a Xunta, cos grandes retos de asumir o autogoberno pleno do litoral e impulsar os primeiros pulmóns verdes urbanos
No marco da Estratexia de Infraestrutura Verde habilítase unha partida de 3 M€ para proxectos de renaturalización de espazos degradados, sobre todo nas cidades
Miguel Corgos salienta que o orzamento da Xunta medra un 37% nos últimos cinco anos e senta as bases do futuro de Galicia
O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento para explicar as contas do seu departamento