Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o Colexio de Rexistradores da Propiedade de Galicia abordan os requisitos para edificar no solo rústico
A Dirección xeral de Urbanismo, xunto co Decanato do Colexio de Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de Galicia, redacta unha circular interpretativa coa que dar seguridade xurídica e facilitar a implantación de usos no solo rústico
Martina Aneiros enxalza a capacidade dos Bonos Activa Comercio para estimular o consumo no comercio retallista
A delegada territorial de Ferrol informou da nova convocatoria durante unha visita a Establecimientos Aguilar en Fene, adherido á campaña da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A Xunta recibe 14 ofertas para executar a conservación das autoestradas AG-53 e AG-54 nos vindeiros 4 anos, cun investimento de máis de 9,1M€
Trátase de seguir garantindo os traballos de conservación ordinaria e de vialidade na autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) e no seu ramal ao Carballiño (AG-54)
A Xunta investiu case 100 M€ nos últimos anos no apoio aos GES e Agrupacións de Protección Civil
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, abordou hoxe no Parlamento as diferentes liñas de axuda
A Xunta encarga un estudo sobre o posible emprego en estradas de áridos procedentes da planta de Sogama
O contrato foi adxudicado por case 120.000 euros e terá unha duración de dous anos
Galicia organizará este ano un gran foro con todas as comunidades costeiras de España para compartir sinerxías e experiencias sobre a xestión do litoral
Este encontro engadirase ao cumio previsto en setembro cos 86 concellos galegos asentados na costa anunciado polo presidente da Xunta co fin de aproveitar os coñecementos e as capacidades das distintas administracións e entidades neste eido
A Xunta agarda que a asignación a Galicia de novos xuíces en violencia de xénero non sexa a costa de prazas de instrución
Apunta que isto suporía un incremento nos asuntos do resto das prazas, xa ao límite, e un atraso na tramitación das dilixencias penais