Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.115 novas da área temática Formación:

22/03/2025 | 11:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Val do Dubra o oficio da ourivaría a través dun obradoiro colaborativo en homenaxe á emigración galega

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse esta mañá ao desenvolvemento desta actividade que imparte a ourive compostelá Susi Gesto

21/03/2025 | 14:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra que Vigo acolla o encontro anual das escolas superiores de arte dramática de toda España

O conselleiro Román Rodríguez, acompañado pola delegada de Xunta Ana Ortiz, saúda aos participantes e felicita á ESAD da cidade pola organización desta cita

21/03/2025 | 14:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta sinala a IV feira FormaMos como unha ferramenta clave para a orientación vocacional do alumnado

Román Rodríguez visita o evento e destaca o seu éxito, ao reunir preto de 3.000 estudantes, o dobre do ano pasado

21/03/2025 | 13:38 | C. do Medio Rural

Alumnos de xestión forestal e do medio natural de Lourizán farán unha viaxe formativa a Aragón

No percorrido, que terá lugar a vindeira semana, os estudantes e os seus profesores coñecerán o Instituto de Formación Agroambiental de Jaca e percorrerán diferentes espazos naturais da propia comunidade aragonesa e tamén da provincia de Burgos

20/03/2025 | 19:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avoga pola coordinación de esforzos para seguir avanzando no apoio ao emprendemento ligado ao territorio

José González puxo de relevo a aposta de Galicia pola colaboración público-privada para impulsar ideas que favorezan á comunidade e o traballo que se está a realizar para identificar oportunidades de negocio atendendo ao potencial das cidades e vilas

20/03/2025 | 14:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Asociación Galega do Hidróxeno colaborarán no impulso da innovación tecnolóxica e a formación especializada no eido da FP

O conselleiro de Educación e o presidente desta entidade asinan un convenio para o desenvolvemento de accións conxuntas relacionadas co hidróxeno verde

20/03/2025 | 12:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca as Xornadas de Orientación de Ferrol como unha oportunidade para informar o alumnado das opcións formativas para o seu futuro

O conselleiro de Educación e a delegada territorial da Xunta visitan o evento, na que unha trintena de centros e institucións educativas amosan a súa oferta

18/03/2025 | 17:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca a colaboración do Instituto Ramón Caamaño de Muxía cos sectores produtivos en prol da empregabilidade do alumnado de FP

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, participa na xornada ‘Cociñamares’, onde lembra que este foi o primeiro centro en incorporar un proxecto de FP Básica na modalidade Dual Intensiva na comarca, en Cociña e restauración

17/03/2025 | 15:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta impulsará unha norma de microcredenciais pioneira en España para potenciar a capacitación laboral aliñada coas necesidades do tecido produtivo

Destaca que ante o inmobilismo do Goberno central fronte ás recomendacións europeas neste ámbito, Galicia considera estratéxico blindar un modelo formativo áxil, flexible e non regrado que responda aos requirimentos das empresas

17/03/2025 | 12:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo pon en valor na Laracha os cursos de formación para desempregados que a Xunta financia con case 625.000 euros

A representante do Goberno autonómico comprobou o funcionamento do cursos de Accións Formativas para o Emprego e do Plan Integrado de Emprego