Actualidade
Buscador de novas
A Xunta avanza co Concello de Ourense na construción do segundo gran parque canino urbano da comunidade
Ángeles Vázquez explica que esta área localizarase no parque Angelita Paradela, que na actualidade funciona como área de esparexemento para a veciñanza
“Galicia, naturalmente”, unha mostra dedicada ao territorio galego e á súa beleza paisaxística
A mostra poderase visitar ata o 30 de novembro, nas salas Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro da Casa de Galicia en Madrid
A Xunta dá luz verde ambiental ao Proxecto de Interese Autonómico do Sagrado Corazón en Lugo, coa previsión de urbanizar solo para 1.200 vivendas
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na contorna e inclúe condicionantes co fin de favorecer unha axeitada integración paisaxística
A Xunta destinou 14 M€ en 8 anos a reforzar a Rede galega de puntos limpos, que conta xa con 374 instalacións no conxunto da comunidade
Ángeles Vázquez salienta os 2,6 M€ concedidos ao abeiro das axudas deste ano para apoiar a 63 concellos na mellora deste tipo de instalacións, concibidas para garantir unha correcta xestión de fraccións especiais que quedan fóra da recollida ordinaria
A Xunta dá luz verde ambiental condicionada á instalación dun campamento turístico en Arteixo
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
Ángeles Vázquez salienta o labor de GC Veterinaria a prol do benestar animal e pon en valor as iniciativas da Xunta para avanzar neste eido
O Goberno autonómico destina o próximo ano 1,35 millóns de euros a axudas a concellos, entidades protectoras e particulares para a protección dos animais de compañía
A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a valorización de vidro e embalaxes no concello de Lalín
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta contribúe con máis de 162.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental a sufragar varias actuacións no concello de Ortigueira
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, coñeceu esta mañá algunhas das accións municipais financiadas con esta achega da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Augas de Galicia reforza cun 70% máis de fondos as axudas a concellos, particulares e comunidades de usuarios para accións en saneamento e abastecemento
O orzamento do organismo para 2026 é de 151,7 M€, un 5,5% máis que en 2025, e terá como principais liñas de actuación a optimización do saneamento e o abastecemento, a formación de técnicos e a execución de políticas de prevención ante os riscos climáticos
A Xunta cofinancia e impulsa obras de xestión dos recursos hídricos da provincia de Ourense por 8,5 M€
O delegado territorial puxo en valor o esforzo inversor do Goberno galego para mellorar a xestión da auga na provincia e o seu estado ambiental, “o que favorecerá tamén o desenvolvemento de actividades económicas ligadas a ela, como a pesca ou o turismo, e o benestar e calidade de vida da poboación”