Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 940 novas da área temática Industria:

17/10/2024 | 09:57 | C. de Economía e Industria

Lorenzana valora positivamente o anuncio da participación do 25% de Ignis EQT na fábrica de Alcoa en San Cibrao

A conselleira de Economía e Industria chama, non en tanto, á prudencia “porque agora temos que coñecer que é o que vai suceder nos próximos meses” e considera fundamental a celebración da Mesa de Seguimento solicitada ao Estado polo Goberno galego hai xa máis dun mes

16/10/2024 | 17:42 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que a Lei de recursos naturais busca promover o peche dos ciclos produtivos en Galicia e xerar industria de transformación

Explica que a lei pretende “conciliar o aproveitamento dos recursos naturais con que eses beneficios vaian ás nosas empresas e ás nosas industrias, garantindo sempre o respecto ao territorio e potenciando o binomio entre a enerxía e a industria, que é fundamental para continuar avanzando”, di

16/10/2024 | 14:39 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia unha nova convocatoria do ‘Plan renova o teu vehículo’ da Xunta para incentivar a compra de vehículos eficientes

A conselleira destaca a boa acollida da última edición deste plan á que se acolleron preto de 1.400 particulares e empresas

16/10/2024 | 14:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta participa na II edición do Premio Galicia Renovable que recoñece o talento universitario e pon en valor proxectos relacionados coa eficiencia e a transición enerxética

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, apostou por unha descarbonización gradual e destacou o modelo que está a desenvolver a Xunta baseado no binomio industria-enerxía para vincular o desenvolvemento industrial de Galicia ás enerxías renovables

11/10/2024 | 13:37 | C. de Economía e Industria

Rueda pon en valor a capacidade de Galicia de ser líder no sector TIC coa futura posta en marcha dun gran centro de datos en Curtis

Salienta que este tipo de centros “son a industria do futuro” e o que “van demandar cada vez máis as empresas”

07/10/2024 | 14:19 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

A Xunta lanza unha nova liña de axudas de 10 M€ para apoiar o crecemento das empresas que manteñan e creen novos postos de traballo

Rueda salienta que se trata de achegas que se enmarcan “no Fondo de Transición Xusta” polo que a Xunta vai destinar 100 M€ a modernizar a industria galega

04/10/2024 | 20:01 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda defende unha reforma do financiamento autonómico nun marco multilateral

Sostén que cómpre seguir loitando para “que a igualdade básica entre todos os españois se manteña”

04/10/2024 | 11:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a minaría sustentable e as materias primas como base fundamental da transición enerxética

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participa na inauguración do Seminario Permanente de Transición Enerxética e Competitividade Industrial na Universidade de Vigo

03/10/2024 | 15:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo de presentación de ofertas para a ocupación de preto de 100.000 m² de solo industrial na Plisan

As empresas interesadas en instalarse nesta área loxística empresarial poderán solicitar a súa participación na poxa pública desde hoxe e ata o vindeiro 31 de xaneiro, tanto en réxime de compravenda como en dereito de superficie