Actualidade
Buscador de novas
A Xunta aborda cos concellos da mancomunidade do Deza a ampliación proposta pola entidade para incorporar catro novos municipios
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, trasladoulles o proceso que se debería seguir para a modificación dos estatutos e informoulles de que esta figura verase reforzada na reforma da Lei de Administración Local de Galicia na que traballa o Goberno galego
O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo aproba un suplemento de crédito de 1,1 M€
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na reunión do pleno do organismo, na que se aprobou a conta xeral co incremento para facerlle fronte á suba salarial acordada cos traballadores
A Xunta colabora na adquisición dun vehículo ECO para os servizos ambientais do concello de Beade
A directora xeral de Administración Local visitou este municipio para comprobar as prestacións do novo vehículo adquirido ao abeiro das axudas do Fondo de Compensación Ambiental
Galicia completa a implantación do sistema de recollida separada de envases lixeiros coa adhesión do Concello da Coruña
A sinatura permitirá que o Goberno local vaia implantando paulatinamente o que sería o quinto contedor da cidade, facilitando que a veciñanza poida separar axeitadamente esta fracción e cumprir co que establece a normativa europea