Actualidade
Buscador de novas
Rueda fai entrega de 12 novas motobombas para a loita contra incendios e agradece o traballo de todos os profesionais
Cada un dos vehículos pode ser empregado por dous profesionais e conta cunha capacidade útil de 3.500 litros de auga
Alumnos de xestión forestal e do medio natural de Lourizán farán unha viaxe formativa a Aragón
No percorrido, que terá lugar a vindeira semana, os estudantes e os seus profesores coñecerán o Instituto de Formación Agroambiental de Jaca e percorrerán diferentes espazos naturais da propia comunidade aragonesa e tamén da provincia de Burgos
A Axencia Galega da Industria Forestal busca impulsar novos usos para a madeira de frondosas
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Ríos, clausurou hoxe a xornada técnica do proxecto Resonate, sobre valorización sustentable da madeira deste tipo de especies forestais
Medio Rural salienta a aposta pola innovación dentro do sector forestal do grupo Tragsa
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, asistiu hoxe á inauguración de novo laboratorio de cultivo de planta biotecnolóxica que ten o grupo no seu viveiro do concello ourensán de Maceda
A Xunta introduce o uso de intelixencia artificial na Plataforma Tecnolóxica de Loita Contra os Incendios, que é xa un referente en España e Europa
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia visitou hoxe o Centro de Coordinación Central de Defensa contra os Incendios Forestais acompañado polo director xeral de Defensa do Monte
Medio Rural pon en valor a riqueza social, económica e ambiental do monte na véspera do Día Mundial dos Bosques
A titular do departamento, María José Gómez, participou xunto ao delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, nunha plantación de árbores no CEIP Paradai da capital lucense
A Xunta prohibe dende este mércores as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso
Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste mércores, 19 de marzo
Hoxe incorpóranse uns mil fixos-descontinuos contra incendios da Xunta para traballar oito meses ao ano
Son profesionais que ata o 2023 viñan actuando seis meses ao ano e que a partir dese momento, de xeito progresivo, foron incrementando os seus contratos para chegar aos oito meses neste 2025 e a nove no 2026 e anos sucesivos
A Xunta ultima coa Federación Galega de Municipios e Provincias a renovación do convenio de colaboración en materia de prevención de incendios forestais
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta mañá unha reunión co presidente da Fegamp, Alberto Varela, e con outros responsables desta entidade
A Xunta organiza unha xornada informativa cos concellos ourensáns sobre os convenios de colaboración para prevención de incendios forestais
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e o delegado territorial do Goberno galego en Ourense, Manuel Pardo, participaron esta tarde no acto, ao que se convidou ás entidades locais de toda a provincia