Actualidade
Buscador de novas
A delegada territorial da Xunta en Ferrol destaca a aposta do grupo Natac por Ferrolterra á hora de asentar a súa planta de produción de omega-3
Martina Aneiros visitou esta mañá as instalacións que o grupo empresarial dedicado ao sector biotecnolóxico ten no polígono industrial das Somozas para coñecer o seu funcionamento e as súas previsións de futuro
Rueda destaca a aposta da Xunta polo emprego na Costa da Morte e a industrialización sostible de Galicia
Sinala que a aposta pola industrialización e a descarbonización son dous camiños a seguir para aumentar as oportunidades de vivir e prosperar en Galicia
Xunta e Nueva Pescanova abordan as oportunidades que ofrece Galicia ao tecido empresarial para investir
A conselleira destacou o compromiso do Executivo autonómico para facer da Comunidade galega un polo de atracción industrial na Península
A Xunta abre a porta a que todas as empresas soliciten solo gratuíto durante oito anos en réxime de dereito de superficie
Rueda destaca que a Xunta vai poñer a disposición do tecido produtivo máis de medio millón de metros cadrados “situados nunha vintena de áreas industriais”
Lorenzana subliña o compromiso do Goberno galego por crear un clima de estabilidade política e económica que fomente o investimento
Subliña que a Xunta traballa nunha nova planificación enerxética e do solo industrial, ademais de incidir na desburocratización
A Xunta promove a captación de empresas na Plisan poñendo á súa disposición case 100.000 m² de solo industrial
Actualmente están adxudicadas un total de 13 parcelas na Plisan a seis empresas: Albo, Lonza Biologics, Frinsa, Gainser Instalaciones, Grupo Tecnolóxico Arbinova e o Centro Loxístico da Plisan
A Xunta resalta o papel da loxística na competitividade e na “globalización económica” da industria galega
A directora do Igape, Covadonga Toca, inaugura a xornada ‘Galicia con sinerxía: loxística, innovación, persoas’, onde avoga porque a “apertura comercial” vaia da man do talento e da innovación, “clave para o crecemento empresarial nunha contorna dinámica e global”
A Xunta reclama ao Estado máis fondos para o PERTE Aeroespacial e destaca o papel crucial deste sector para o fortalecemento industrial de Galicia
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou hoxe na V reunión da Alianza polo Perte Aeroespacial onde tamén demandou un maior apoio do Goberno central á Civil UAVs Initiative
Xunta e tecido empresarial destacan a importancia de apoiar o desenvolvemento industrial da comarca de As Pontes
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, reuniuse con representantes da Asociación de empresarios Seara e de Cohempo, Asociación de comerciantes, hostaleiros e empresarios ponteses