Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.868 novas da área temática Economía:

06/06/2025 | 13:38 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reúnese en Oslo con Seafood Legacy, que confirma que a finais de ano comezarán as obras da primeira planta de cría de salmón en Galicia

A planta xa conta con todos os permisos para ocupar en torno a 20.000 m² no porto de Burela, nunha nave na que prevé producir unhas 3.300 toneladas de salmón ao ano e na que se estima que creará ata un cento de postos de traballo directos e indirectos

05/06/2025 | 18:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo anima a aproveitar os descontos dunha nova edición dos Bonos Activa Comercio antes de que se esgote o crédito

A delegada da Xunta lembrou que a primeira convocatoria destas axudas, este ano, está dotada con 2,5 millóns cunha previsión de mobilizar 8,5 millóns de euros en vendas nos negocios adheridos

05/06/2025 | 17:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a formación técnica do sector forestal para incentivar o uso da madeira como elemento construtivo

A actividade está financiada pola Administración autonómica a través da liña Xera-Savia, que facilitou a formación de máis dun milleiro de traballadores e traballadoras ao longo de 2024

05/06/2025 | 17:13 | C. de Facenda e Administración Pública

Corgos afirma que a Xunta seguirá apostando por políticas rigorosas, responsables e prudentes que contribúan ao benestar das familias e apoien ás empresas

O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugurou a Asemblea Anual da Asociación Nacional de Establecementos Financeiros de Crédito

05/06/2025 | 15:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda reafirma o compromiso da Xunta co tecido empresarial galego na clausura da Asemblea Xeral da CEG

Destaca os puntos de encontro cos empresarios e os seus representantes para a mellora da economía galega

04/06/2025 | 18:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o Plan director do sector TIC incrementará a competitividade e a innovación desta industria clave para a economía galega

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, asistiron a unha sesión de traballo co Clúster TIC

04/06/2025 | 17:46 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que a política industrial da Xunta situará a Galicia á vangarda de Europa no sector da seguridade e a defensa

Aposta por unha política industrial avanzada que vai da man da empresa, da tecnoloxía e do talento que ten a Comunidade

03/06/2025 | 14:59 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda salienta na feira Stonegal o papel estratéxico da pedra natural na economía galega e o compromiso da Xunta cunha minería sostible

“Galicia é pedra e auga. A pedra é algo que nos identifica e unha das fontes da nosa economía”, resaltou

03/06/2025 | 14:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con 3 M€ euros un total de 40 parques empresariais galegos para modernizar a súas infraestruturas e incrementar a súa competitividade

O Goberno galego publicará nas vindeiras semanas no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución desta convocatoria de axudas que tivo unha grande acollida e que busca dar resposta ás novas necesidades que teñen os polígonos de Galicia para fixar e atraer novos investimentos