Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.093 novas da área temática Sanidade:

15/10/2025 | 12:44 | C. de Sanidade

O estudo de saúde da poboación xitana sinala que 6 de cada 10 persoas do colectivo perciben a súa saúde como boa ou moi boa

A Consellería de Sanidade ten en marcha un proxecto de promoción da saúde coa participación activa de mulleres xitanas, cofinanciado ata 2027 polo Fondo Social Europeo con máis de 1 M€

15/10/2025 | 11:43 | C. de Sanidade

A Xunta publica a relación de admitidos e a resolución do concurso de traslados para a provisión de prazas de médico de familia e facultativo especialista de atención primaria

Neste ciclo de adxudicación resultaron admitidos 320 profesionais, sendo provisionalmente adxudicatarios de destino 166 aspirantes

14/10/2025 | 14:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Belén do Campo supervisa a vacinación dos 338 nenas e nenos de entre 3 e 11 anos do CEIP Fogar de Carballo que participaron no programa piloto en centros escolares

A delegada da Xunta visitou o CEIP Fogar de Carballo para compartir cos alumnos e profesores a experiencia desta campaña pioneira que ten por obxectivo achegar a vacina a 9.414 nenas e nenos dos colexios seleccionados da provincia da Coruña

14/10/2025 | 14:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Belén do Campo supervisa a vacinación dos 244 nenas e nenos de entre 3 e 11 anos do CEIP María Barbeito que participaron no programa piloto en centros escolares

A delegada da Xunta visitou o CEIP María Barbeito Cerviño da Coruña para compartir cos alumnos e profesores a experiencia desta campaña pioneira que ten por obxectivo achegar a vacina a 9.414 nenas e nenos dos colexios seleccionados da provincia da Coruña

14/10/2025 | 14:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Conclúe con éxito o programa piloto de vacinación intranasal para a gripe no CEIP San Tomé de Cambados

O delegado visitou o centro, acompañado polo xerente da área sanitaria, e destacou o empeño da Xunta por facilitar e fomentar a vacinación dos nenos e nenas

14/10/2025 | 12:45 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño pon en valor a lei que converterá Galicia en referente europeo de protección da saúde da infancia e de loita fronte ás adiccións

Galicia será a primeira comunidade autónoma en abordar novos hábitos non saudables da mocidade ao equiparar o consumo de bebidas enerxéticas co alcohol e os vapeadores co tabaco

14/10/2025 | 11:58 | C. de Sanidade

A Xunta convida á cidadanía a doar sangue porque os hospitais galegos precisan preto de 500 doazóns diarias

As reservas dos grupos sanguíneos A negativo e 0 negativo atópanse en niveis baixos, polo que se realiza un chamamento especial ás persoas destes grupos

14/10/2025 | 11:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Escolares de Cospeito inician hoxe na provincia o programa piloto da Xunta de vacinación nos colexios

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a vacina fronte á gripe dispensarase en nove centros educativos lucenses, co obxectivo de chegar 2.300 nenos e nenas de entre 3 e 11 anos

14/10/2025 | 11:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Un total de 414 escolares da área sanitaria de Ferrol participan desde hoxe no programa piloto de vacinación infantil en centros educativos

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, e a subdirectora de Enfermaría da Área Sanitaria de Ferrol, Begoña Vidal, supervisaron a primeira xornada deste programa piloto no CPR Plurilingüe Sagrado Corazón