Actualidade
Buscador de novas
Arias destaca o apoio da Xunta para modernizar e xerar valor engadido no sector gandeiro galego
O delegado territorial de Lugo explicou na Gandería Quintián, no Páramo, que os Plans de mellora distribuíron o pasado ano 11,6 millóns entre 90 explotacións lucenses
Medio Rural destaca o papel protagonista dos viños galegos no Salón Internacional de Viticultura Heroica de Val de Aosta
Os representantes de Galicia recibiron nesta cuarta edición do Mondial de Vins Extrêmes catro Grandes Medallas de Ouro e 14 Medallas de Ouro
A Xunta detecta catro novos focos de gripe aviaria en aves silvestres en Sanxenxo, Cee, A Pobra do Caramiñal e Ortigueira
O foco de Sanxenxo corresponde a un exemplar de gaivota sombría, que foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo-Cotobade
Medio Rural destina 2,1 M€ a proxectos de investimento en actividades non agrícolas e destaca o da adega Vilarvin como exemplo de creación de emprego
A directora xeral da Axencia de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou hoxe en Crecente esta bodega, unha das 56 empresas beneficiarias destas achegas que recibiu unha subvención de máis de 26.000 euros
A Xunta outorga autorización ambiental integrada ao proxecto para unha planta de biometano no polígono de Teixeiro, en Curtis
Con esta resolución, dáse por completada a tramitación ambiental da iniciativa por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático