Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.895 novas da área temática Áreas temáticas:

02/10/2026 | 15:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca a eficacia das gaiolas-trampa instaladas en Lugo, nas que xa se capturaron 14 xabarís nunha semana

Os dispositivos forman parte das medidas autorizadas pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para reforzar o control desta especie no contorno urbano e periurbano da cidade

02/10/2026 | 15:01 | C. do Medio Rural

A Xunta salienta no V Foro da Castaña do Riós a importancia do castiñeiro e do seu froito para o monte galego

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, participou na inauguración deste evento, que se celebra hoxe e mañá e que congrega a persoal investigador experto de todas as partes do mundo

02/10/2026 | 14:57 | C. do Mar

O novo informe da dragaxe do Lérez ratifica que todos os áridos do ámbito da obra son de categoría a, polo que o material pode depositarse en alta mar

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, deu a coñecer os resultados da caracterización completa requirida polo MITECO que ratifica os datos que xa se obtiveran nas catro campañas realizadas pola Xunta desde 2009

02/10/2026 | 14:53 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta inicia o procedemento para declarar Ben de Interese Cultural do patrimonio inmaterial a cetraría

O expediente recoñece o seus valores históricos, culturais e sociais de carácter sobranceiro, que transcenden amplamente o ámbito deportivo ou recreativo

02/10/2026 | 14:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda reivindica a aposta da Xunta por construír máis vivenda pública e desenvolver solo para ampliar a oferta de fogares

Rexeita que se poñan en marcha medidas que xa teñen demostrado ser ineficaces e xeran inseguridade xurídica no mercado

02/10/2026 | 14:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta resalta a importancia do traballo conxunto de toda a sociedade para evitar calquera tipo de violencia de xénero

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, asistiu á presentación da I Carreira Solidaria 4,4K ActivAemos, organizada pola Asociación de Empresarios de Mos

02/10/2026 | 13:58 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Festival Internacional de Teatro de Ourense reforza na súa edición de 2026 a creación galega e o intercambio escénico co apoio da Xunta

A cita combina teatro, danza, circo e propostas de rúa nunha programación que reúne compañías galegas e formacións chegadas de Andalucía, Cataluña e Hispanoamérica

02/10/2026 | 13:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o deporte global, inclusivo, igualitario, para todos e para todas

Manuel Pardo reivindicou un deporte global, inclusivo, igualitario, para todos e para todas; e recalcou que “a discapacidade sexa do tipo que sexa, debe facerse desde a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva”

02/10/2026 | 13:47 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña que grazas ao Código Ictus Galicia ofrece unha mellor resposta sanitaria a preto de 2.000 casos de accidentes cerebro-vasculares ao ano

O titular de Sanidade detalla que o Código Ictus permite coordinar a resposta asistencial ante unha sospeita desta enfermidade e activar os recursos necesarios para que o paciente poida recibir canto antes o tratamento máis axeitado